viernes, 6 de mayo de 2011

DE CAMPAÑA

O inicio de Campaña do PSdeG foi en Ourense. Un acto innovador,moderno. En contrastre co estilo cutre do PP baltariano.
Pola mañá estiven en Cea con Guillermo.Un bó amigo. Un candidato de luxo.Así espero que o valoren os veciños.Que voten para elexir ó mellor, non como pago de non se sabe nunca que favores.
Pola tarde estiven no acto de Padrenda.Un concello ,co corazón de ribeiro.Terras das ribeiras do Miño co que tanto me une.Pobos que coñezo dende moi novo.Terras da raia tamén.Pobos nos que tantos amigos teño. Na Frieira, estivemos con Nito.Un candidato con ideas novas para un Concello que vive na rutina dende hai moito tempo cun alcalde que aspira só a ser unha parte da rede caciquil baltariana do PP, a ter unha retribución e un enchufe a cambio de mercadear cos votos.Espero dos veciños a lucidez para ver a necesidade dun CAMBIO.Así o vín no corazón nos numerosos asistentes.
Nos actos nos que participei sempre vín máis apoio,máis asistencia,máis xente comprometida en que a Provincia de Ourense abra unha nova época.

No hay comentarios:

Publicar un comentario