lunes, 23 de mayo de 2011

REVÉS ELECTORAL

Hoxe analizaremos na Executiva Galega os RESULTADOS do 22 de Maio.

Un voto de castigo en toda España.

Un pouco menor en Galicia, na que xa tivemos a nosa dose nas autonómicas.

Un millon e medio de ciudadanos deixaron de votarnos.Isa foi o que sucedeu. E con elo deronlle a victoria ó PP, cuios electores foron todos (cincocentos mil máis).

A crise e as medidas tomadas pasanlle a factura ós socialistas. A crise da avaricia dos especuladores pasalle a conta á esquerda,que fai o que pode para que afecte ó menos posible as columnas do estado do benestar, a sociedade moderna que construimos.

Teremos que tomar moitas medidas para retocar o noso proxecto.

Teremos que estar cercanos ós ciudadanos, sobre todo ás víctimas desta crise mundial.Teremos que construir máis Europa.Organizar a nosa estructura aínda máis. Incorporar a máis colectivos á tarea política. Porque desto saese con MAIS POLITICA.

Preocupame unha cuestión: a dificultade para que o traballo, as propostas ,os proxectos que construamos cos cidadans...se comunique,chegue á xente. Porque temos problemas de comunicación.

A esquerda necesita instrumentos de comunicación LIMPOS, sen interferencias.Case non hai Medios de Comunicación. O que queda son EMPRESAS DE COMUNICACIÓN. Que teñen´os seus donos e lle son útiles a eles. Crean Opinion, segun os intereses dos grupos económicos e políticos propietarios. Moitos cidadans están contaminados por estes filtros.

Nin nos medios máis progresistas é posible comunicar ós elexidos cos electores, os cidadans cos gobernantes e cos outros grupos politicos,sindicales,etc. Agora a moda é que os que contan as posicions políticas son TERTULIANOS profesionais dos diferentes grupos empresariais de comunicación. Non son os representantes dos partidos os que debaten,comentan ou informan ós ciudadanos. Son un comentaristas que relatan as decisions politicas, co seu filtro interesado.

Outro exemplo :nestes días adicouse mais horas a retransmitir as acampadas, que a que os candidatos transmitiran as suas propostas.Adicouse mais tempo a defender que non se vote ou se vote en blanco,a desprestixiar a actividade pública...E conste que valoro algunhas posicions de rebeldía,que comparto moitas das reivindicacions,que creo na capacidade da movilización cidadá, que hai que mellorar e construir unha democracia mellor na que os cidadans sexan os soberanos...e todo eso. Pero a través da política, da participación, da militancia, do activismo social ,sindical e politico.Co voto, co compromiso,dando a cara.Combatindo día a día.Toda a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario