domingo, 1 de mayo de 2011

Presentación de Candidatos

Istes días participo na presentación de diversas candidaturas.


Onte participei no acto da candidatura que encabeza Silvia Alvarez en CENLLE. Na chamada casa do pobo. Asistiu moita xente, especialmente xóvenes do concello...A sustitución do actual alcalde debe ser cun proxecto novo. Ista avogada xoven (sobre os trinta anos) de Trasariz parece reunir requisitos para unha aposta de futuro.



Hoxe estiven con Pablo García na presentación da candidatura de Castrelo de Miño, que lidera Oscar Lopez, un enxeñeiro agricola moi relacionado cos veciños (creo que os coñece a todos) con só 29 anos. Unha aposta dunha opción de fiar, que cumprir os seus compromisos cun alcalde nacionalista, que preferiu gobernar pactando con caciques coma Rogelio Martinez.A pesar dos desprezos, os socialistas somos os autores das principais inversions en comunicacions(estrada, Ponte no Miño..),nas ribeiras do embalse e río,no centro social e outras inversions do plan zapatero,na mellora dos centros educativos e na atención sanitaria na nosa etapa na Xunta.


En canto se enterou o alcalde organiza o seu acto o mesmo día a mesma hora. A nós non nos preocupa porque desbordamos as previsións.Houbo que poñerse no hall e fora.Moita xente nova.E tamén os máis históricos.Somos a única opción de esquerda. A dereita do PP preséntase con duas listas segundo os bandos provinciais (a oficial a de Baltar, e a independente de Rogelio e bodegueiros).



Pola noite estarei nunha reunión de traballo coa candidatura de Melón.


Unha satisfacción estar na campaña nos Concellos do Ribeiro e traballar no Comité Provincial de Campaña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario