jueves, 28 de octubre de 2010

Asamblea PLATAFORMA pro Parque Empresas Ambientais

Hoxe celebramos Asamblea da Plataforma Sí Parque Ambiental.
O salón de actos da Casa da Cultura de Ribadavia encheuse de novo. A ilusión por este proxecto é patente. A demanda de creación de solo industrial é un clamor na comarca. A Xunta do PP parou este Polígono Industrial especializado en reciclaxe e industrias ambientales.
O Ribeiro quere empresas e traballo. Empresas con futuro.Que non poidan desmontarse nin ir a menos. Emprego de calidade ,que deixe aquí os nosos xoves, e traia aquí outros moitos.
O Ribeiro demanda este proxecto que lle volvería a dar vida a esta comarca, que lle daría traballo as pequenas empresas que perviven (comercio, restaurantes,taxis,constructores,camioneiros,xestorías,promotores de vivendas,propietarios de solares,productores de viño,gasolineiras,talleres,tecnicos de todo tipo, abogados, funcionarios,xubilados,traballadores que queiran mellorar o actual traballo...e sobre todo MULLERES, PARADOS ou EMIGRADOS que poderían retornar). A comarca parece que tén moi claro que quere que haxa empresas e traballo. Curiosamente hai un pequeno punto negro na vila capital da comarca que tén dúbidas....Coma sempre foi na hestoria.

2 comentarios:

  1. PARTIDO POPULAR AUTORIZO UN GRAN DELITO URBANISTICO EN EL CONCELLO DE OUTES

    En el 2006, el alcalde de Outes CARLOS E. LOPEZ CRESPO (PP) autorizo la construccion ILEGAL de oficinas y nave de la empresa constructora OyS Noroeste en suelo rustico, no urbanizable y sin autorizacion de la Xunta de Galicia.

    ....y CARLOS E. LOPEZ CRESPO (PP) sigue de alcalde como si no pasara nada......sin dimitir y sin dar explicaciones

    ....los vecinos de OUTES no saben nada de lo que esta pasando....NO SE LO PUBLICAN......y nadie esta haciendo nada..

    Para ver la noticia en mas detalle ir a www.laopinioncoruna.es y buscar - EL ALCALDE DE OUTES, IMPUTADO POR FALSEDAD DOCUMENTAL Y DELITO URBANISTICO

    Tambien buscar - OyS NOROESTE CONSTRUYO EN TERRENO RUSTICO Y SIN LICENCIA DE OBRA

    ResponderEliminar
  2. Miguel, con todos os meus respetos: Estou en contra tanto desa incineradora que ainda nin se sabe para onde vai vir, como en contra do parque da merda que ti propós.
    Gustaríame saber que diferencia ves tí entre unha cousa e outra porque eu non a vexo. Como tampouco a vemos os que nos temos oposto a ese parque.
    Eu non quero incineradora nin no Ribeiro, nin nos seus arredorss, como tampouco a queren os do Foro Social "Temos dereito a Saber"...pero nós seguimos e seguiremos estando en contra dese parque que ti promoncionas como si fose a panacea.
    Sabes moi ben que non é asi. Sabes moi ben que si esa pranta de tratamento de resíduos que ti tanto defendes ven para aquí, non iba traer postos de traballo, senón que iba a destruir os que xa hai.
    Creo que perdo o tempo en falar contigo, pero é para que sepas que a miña postura vai estar sempre do lado da miña comarca, e que goberne quen goberne sempre me opondréi a proxectos que a perxudiquen.
    Facede algo polo Ribeiro. Traede empresas normales...non temos porque apandar coa merda que ninguén quere..porque ¿parácheste a pensar o porqué ninguén quere ese parque que ti tanto defendes?
    Fuches a Zaragoza...eu tamén...e parece que non viches o tremendo vertedeiro que hai xusto o lado. Non vos cheiro a nada cando fostes...porque igual fostes un día que non traballaban.
    Non Miguel. Eu podo entender a postura de Milia, de Patxi ou de Marcos..porque non son de aquí, non son da nosa terra....pero a túa non a entendo, que te venderas o capital do que tanto renegas empeñando a terra na que han de vivir os teus netos e msilos meus...Defende como defendo eu o Ribeiro...négate a deixarte usar e enganar...estás no meio dunha liorta que nin che vai nin che ven...un intento no teu propio partido por ir gañando terreo uns a outros. Deixa de selo peón do que serves. Non cho digo por mal. Dígocho porque quero a miña terra e porque non a quero ver convertida nun basureiro de Galiza.
    Non segas a facer demagoxia poñéndote en contra dunha cousa para apoiar algo que é tan malo para nós como o que tí defendes. E, sobre todo, non dudes xamáis dos lexítimos intereses dos que nos puxemos en contra dese parque, porque xa o dixen por activa e por pasiva: non estamos en contra de ninguén, nin contra túa, nin contra Luis, nin contra Manolo...estamos en contra de que se rian do Ribeiro con ese parque de mercda que ninguén quere.
    Polo tanto que sepas que eu estou en contra das duas cousas, que me é igual quen as traia para aquí..porque o único que me interesa é que o Ribeiro sega a ser un comarca na que se poida vivir, na que se poida respirar, non unha comarca de lixo, e fume.
    A min non me molestan para nada as empresas que hai no parque industrial de Sancristobo..para nada, e vivo o lado, e teño viñas moi perto...non me molesta o progreso e ogallá moitas foran as empresas que viñeran para aquí, sempre que sexan compatibles coa nosa forma de vida. Non te vendas Miguel, e non permitas que outros vendan o que é dos nosos netos. Eu estou e estarei sempre do lado da miña terra. E tí deberías facelo tamén.
    Un cordial saúdo. Mara Pousa.

    ResponderEliminar