domingo, 3 de octubre de 2010

FEIJOO SUPRIME POLIGONOS INDUSTRIAIS NO RIBEIRO


O Presidente da Xunta anuncia a paralización da ampliación do Polígono Industrial de Ribadavia, no que teñen solicitado instalarse varias industrias. De novo cheira a Delegado da Xunta ...
Parece broma que neste momento de crise económica, o goberno da Xunta, pare a instalación de diversos proxectos de empresas, que están agardando que se amplíe o solo industrial do Poligono de San Cristobo en Ribadavia, e diga que non vai executar esa ampliación de solo industrial mentras moitos deman dantes de emprego agardan un traballo ou... se marchan da comarca.
Isto súmase a paralización ou anulación do Polígono Industrial de Industrias Ambientais en Carballeda de Avia. Mentras as industrias de reciclaxe vanse fora de Galicia, para Portugal e outras Rexións.Mentras o Centro Tecnoloxico da reciclaxe segue sen facer e sen desenvolverse un sector que podía ser punteiro en Galicia.
Neste caso NIN FAI NIN DEIXA FACER. Porque tamén boicotea que o faga o Concello en colaboración con outras Administraccions.
Feijoo non tivo tempo en 19 meses de recebir os promotores deste Proxecto Empresarial,mentras recorre tódolos platós de TV,e fai campaña para o PP no Pais Vasco,en Cataluña,en Asturias...
Mentras perdemos a posibilidade de presentar a candidatura a proxectos que podían vir para o Ribeiro como a fábrica de baterías de litio para coches eléctricos(que consegiu Zapatero no viaxe a Xapón) e que traerá 200 postos de traballo no inicio e que chegarán a mil cincocentos.....que no mellor dos casos quedará pola zona de Vigo.

1 comentario:

  1. Feijoo 1º EL RECORTADOR
    todo e borrar proxectos,recortar inversions
    menos os negocios para amigos coma o Hospoital de Vigo que o fara unha empresa privada...mais caro que antes
    pola contra o de ourense que estaba contratado retrasase a obra

    ResponderEliminar