miércoles, 6 de octubre de 2010

A MAFIA DO TRANSFUGUISMO

A Mafia de Ourense do Transfuguismo arranca a precampaña, sen poñerse colorada,afirmando que continuarán buscando máis candidatos para, a cambio de premio,cambiar a vontade dos electores que os elexiron. Porque é extrano empezar unha Campaña Electoral con tanta falta de respeto.
Porque reafirmarse na vontade de MAIS TRANSFUGUISMO, é declarase culpable de corrupción política .Decirlle ós electores: os cargos que non consigamos co enchufismo,co amiguismo,co tráfico de influencias...faremos unhas operacions para aproveitando as debilidades dalgún (porque estén en paro, non teñan contratos as suas empresas,ou simplemente queiran sacar tallada) conseguir que poñan de alcalde ou o que sexa ó contrario do que vades elexiros veciños.
En calquer outro lugar, excepto en algún territorio siciliano ou napolitano, un cargo que manifeste tales intencións sería catigado co desprezo nos medios de comunicación, nas esferas sociais,empresariais...e por suposto co rechazo electoral.
Na provincia de Ourense tamén hai que usar o Voto contra esta Famiglia mafiosa que corrompe a vida en algúns concellos. O institución onde hai que simbolizar este cambio chámase Deputación.

Resulta simbólico que o letreiro que ensinan o herdeiro e o criado, foi diseñado por unha empresa que está no sumario do caso de corrupción e financiación ilegal do PP,chamado caso Gurtel.

Nota: as operacions de transfuguismo non só se fixeron onde había gobernos de coalición (nesta lexislatura P.Trives ,Vilariño C. ,A Veiga...en lexislaturas pasadas entre outras tamén Verea, Ribadavia,Maceda,Melón,,..practicamente toda a xeografía provincial,e todo tipo de cargos e siglas), tamén se fixeron onde había MAIORÍA ABSOLUTA dos socialistas (Calvos de Randín...anteriormente Castrelo Val,Castro Caldelas...).E decir onde os veciños decidiron dar maioría total de goberno tamén deron golpes contra a democracia con operacions de compra de cargos.

3 comentarios:

  1. este rapaz faltalle unhas fervuras...

    ResponderEliminar
  2. TEN COÑA
    QUE A CAMPAÑA QUE PRESENTAN PARA AS MUNICIPALES
    A CONTRATEN CUNHA EMPRESA QUE ESTA IMPLICADA NO SUMARIO DA CORRUPCION DO PP EN VALENCIA; MADRID...E TAMEN GALICIA

    ResponderEliminar
  3. O dos tránsfugas é algo que non acabo de entender. Supostamente a acta é do elexido, ó marxe do partido ó que vaia representando....pero a nosa cultura polítca non o entende así, pois o máis fácil é que as persoas voten a un partido, non a unha persoa.
    Eu supoño que habería que faguer algunha lei que evitara estas cousas, que a fin de contas a quen perxudican é a política que cada día ten peor fama. Creo que os cidadáns están bastante asqueados da politica por cousas como éstas e o espectáculo que se da ó incurrir nestas historias.
    Ademáis qué credibilidade pode ter alguén que se vende deste xeito? Non é por nomear a ninguén en particular pero si eres o número tres dun partido e sin ter porqué nin porque non deixas a tua xente tirada...qué podes esperar dela no partido para o que vai? Pois que faga o mesmo.
    As veces tendemos a feudalizala política. As veces parecera que hai que servir fielmente ó señor, estando sempre dispoñible, asentindo sempre...a culpa tamén é do político que parece querer rodearse de quen lle ri as gracias e non aceptando a xente que ten criterio propio...así hai tanto partido e tanto baile...é un pouco vergoñento todo esto.
    O marxe do que é legal ou non, creo que si ti vas nunha lista determinada e saes elexido para representar as ideas nun concello, nunha Xunta, nun Goberno, deberías ser fiel os principios e non venderse e cambear e levar contigo a acta para outro partido. Se non estás conforme co que o teu partido fai, deberíase dimitir e deixar o posto a outro que sí estivera de acordo. É o mais decente que me parece que se debería facer. Pero...a acta é persoal e cada un pode facer o que queira....pero da unha imaxe fatal tanto do tránsfuga como do partido que o acolle. Un saúdo. Mara Pousa

    ResponderEliminar