viernes, 1 de octubre de 2010

Comparecencia PRESUPOSTOS 2011

Hoxe demos conta dos Presupostos do Estado para 2011 no q1ue afecta á provincia de Ourense.
Uns presupostos de axuste,para poder cumprir os obxetivos de reducción do déficit público.
Por elo as cantidades que figuran para Infraestructuras son as axeitadas para o exercicio e garantízanse a continuidade de tódalas grandes actuacions que van cambiar a provincia de Ourense. Outras moitas que figuran con pequenas cantidades xestionaránse a través da colaboración Público-Privada.Deste xeito que algunhas actuacions que poden realizarse por este sistema, non computan para o Déficit e serán realizadas incluso máis rápido.
Por este sistema realizarase a metade da Autovía A56 Ourense-Lugo.
A Autovía A 76 Ourense-Valdeorras-Ponferrada.
A Alta Velocidade Ourense a Vigo do AVE.
A Alta velocidade Ourense a Santiago rematará nese ano e poderá entrar a funcionar.
A Alta Velocidade Ourense ata Madrid estará no ano 2011 totalmente en obras naqueles tramos que ainda non están rematados ou en obra (quedan uns 70 km).Parte importante será tamén coa colaboración Público-Privada. No presuposto hai importantes partidas tanto en Ourense coma no límite en Zamora nos tramos en execución.
Hai partidas para outras fases de outras importantes infraestructuras...
E sobre todo un esforzo no Gasto Social, que na provincia de Ourense tan importante é.
Seguro que nos medios sale pouco o que explicamos...algún incluso se levantou os quince minutos de empezar a Roda de Prensa (vaia servicio públicos que temos...). Pero recorreremos a provincia explicando os datos, coa palabra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario