martes, 28 de octubre de 2008

PLENO SENADO

Hoxe temos Pleno no Senado.Martes tarde,polo tanto Control de Goberno: 22 Preguntas a diferentes Ministros:Vicepresidente Economico,Ministros Industria,Traballo,Sanidade,Igualdade,Fomento,Interior,Educación.
Logo Interpelacions varias.A estrela será a do Ministro de Xustiza.

O que é a vida: O PP e BALTAR instalan PLANTAS NODRIZAS DE TRATAMENTO DE LODOS

O que é a vida. Baltar,Rogelio e Cía, van promover instalacions de Tratamento de LODOS.
¿Qué farán os do NON?¿Irá o de beade,o de arnoia,o de leiro...irán pecharse á deputación con pancartas,carteis e camisetas? ¿Encherán de pancartas e pintadas a ilustre entidade subvencionadora?
Os que están en contra dunha cousa que inventaron eles e que só existe na súa imaxinación, ¿calarán agora que´son de verdade?
¿Os do NON estarán en contra das "PLANTAS NODRIZAS" que van levar a 6 comarcas da provincia Baltar e Roxelio para tratar od LODOS?¿Ou farán coma o de Leiro que está contra a que non existe, e construe él unha Planta de Lodos no seu Concello?

NOTICIA DE HOXE EN LA VOZ DE GALICIA
"La Diputación destina 836.000 euros de fondos europeos a seis depuradoras
Las nuevas plantas servirán para tratar las aguas residuales domésticas y los lodos de las fosas sépticas
La Diputación de Ourense seguirá desarrollando proyectos en el terreno medioambiental y de tratamiento de aguas con la instalación de seis nuevas depuradoras en pequeños núcleos de población de la provincia. Tras poner en marcha los planes Daredo y Deputrans con fondos europeos, ahora se promueve la iniciativa para crear nuevos proyectos y actuaciones en base a las ayudas de la UE. En el marco de este plan, el organismo provincial ha sacado a concurso «a contratación de subministración, instalación e posta en funcionamento de seis unidades de plantas nodrizas para a depuración conxunta de augas residuais domésticas e de lodos de fosas sépticas de pequenos núcleos de poboación do rural ourensán».
Para adquirir este material se ha destinado una partida de licitación de 836.000 euros, según consta en la convocatoria de la Diputación ourensana, y el plazo e presentación de ofertas remata el próximo día 14 de noviembre.
Con esta nueva actuación se pretende complementar las ya desarrolladas hasta la fecha e ir más allá en lo que se refiere al tratamiento de residuos.
El problema de los lodos
Mientras las anteriores depuradoras compactas estaban enfocadas a dar respuesta a las demandas de pequeños núcleos de población, en este caso la filosofía es la misma en cuanto a las aguas residuales domésticas, pero se busca contar con puntos de tratamiento para los lodos de las fosas sépticas, que se han convertido en un problema al obligar la ley a llevarlo a un punto autorizado de tratamiento o, en este caso, asumir el organismo provincial el tratamiento de los lodos dentro de las acciones del nuevo Servizo de Aguas e Medio Ambiente creado por el organismo "

viernes, 24 de octubre de 2008

BAGOAS POR RUBÉN







O final choramos todos.Que o sepas.

O final choramos xuntos.Uns e outros.
Que sepas que o teatro estivo cheo.Os actores xeniais.E o director coma sempre insuperable.

Hoxe as palabras sobran.Chega coas frores.Chega co calor da xente.Chega cos sentimentos que rebordan.Chega co amor da túa familia.Chega coa presenza de tantos e tan bós amigos,camaradas e compañeiros.

IMAXINA.

miércoles, 22 de octubre de 2008

ADEUS RUBÉN

Foise Rubén García.A Casa da Cultura será o lugar de despedida.Abrazaremos a Rosa e as suas fillas(Lua e Aurora),a sua nai, as irmans,os seus sobriños-as.A tantos amigos:do teatro,das ideas.Estarán os antigos camaradas comunistas,e os compañeiros socialistas.Creo que conseguiremos despedílo coa DIGNIDADE,coa que él soupo morrer.

martes, 21 de octubre de 2008

JAIME GARRIDO BLANCO-ETERNO ALCALDE DE TRASMIRAS


Colleume de viaxe a súa morte.Co cabreo de non poder chegar ós actos fúnebres.

Jaime foi un socialista exemplar.Pero foi algo máis.Foi un alcalde modélico.Que trouxo accions innovadoras á política municipal.Un alcalde 24 horas.Con novos proxectos na súa cabeza para cada pobo do seu concello.Proxectos que brotaban en cada entrevista,perfectamente desgranados.Un alcalde moderno.Empecei a tratálo en profundidade nun viaxe ás Institucions Europeas por 1987 creo.Os dous eramos dos poucos alcaldes socialistas que tíñamos que inventar o cambio cada día no noso pobo.

Pero Jaime foi unha persoa entrañable.Que o mesmo se levaba ben cos curas todos da zona(cos que comía con frecuencia),ata cos sindicalistas agrarios,ou coa asociacion de amigos do Sahara participando nos programas de vacacions solidarias ou viaxando ó deserto á Tinduf.

Un home bó.Un gran socialista.

martes, 14 de octubre de 2008

O Presidente do Goberno compareceu un pouco antes de reunirse de Rajoy para buscar a unidade na resposta ante a Crise da economía mundial.A cuestión saiu polo PP coas posicións demagóxicas dun partido que non sabe modular o papel de oposición.As veces debe ser crítico as veces tén que ser responsable.
Logo estivo a Ministra de Medio Ambiente (Elena Espinosa),e outros varios : Industria,Educación ,Traballo,Defensa....e o de Xustiza.Este deu resposta ó senador pola Comunidade Autónoma( Pérez Bouza) sobre a creación de Xuzgados de Violencia de Xénero en Galicia(Ferrol,Lugo e Ourense).Bermejo veu a decir que no ano 2009 en Galicia crearanse 9 unidades xudiciais novas(duas mais que o ano anterior)para mellorar este servizo público,que nos sitúa como territorio provilexiado (5ª de España) na situación da media nacional.Que a creación de novos xulgados debe facerse tendo en conta o número de casos(falou de que estamos lonxe(ourense 471 D.P. creo) da ratio según criterio do Consello do Poder Xudicial(1200 exptes). E sinalou que o Ministerio decide CANTAS unidades NOVAS se crean en cada territorio,e é cada Goberno Autonómico o que decide onde.Polo tanto no ano 2009 según as unidades novas que crea o Goberno non vai ser posible contar cun Xulgado de Violencia propio no partido xudicial de Ourense.Pero tamén se deixou ver que na medida que o esforzo por mellorar a Xustiza continúe, o será nos próximos anos.Eu síntome comprometido con esta reclamación para a PRESENTE LEXISLATURA.A lexislatura dura 4 anos.Nós fomos quenes lle prantexamos ó Ministro esta reinvidicación á que outros se apuntaron recentemente.

SESIÓN DE CONTROL GOBERNO NO SENADO

En minutos comparecerán varios Ministros-as do Goberno no Senado pàra respostar 26 preguntas .
A sesión comenza as 4 da tarde coa presencia do Presidente do Goberno,José Luis Rodríguez Zapatero.Calquera de vós o pode seguir directamente dende o Canal Senado.

ENTREVISTA LA REGIÓN

Onte viñen de novo a Madrid para participar na Comisión de Medio Ambiente e Agricultura.Unha longa sesión que pronto estará recollida na páxina do Senado.Unha sesión longa,con varias Mocions,resposta a preguntas(13)do PP,e Comparecencia do Goberno por parte de Josep Puxeu o Secretario de Estado de Medio Rural e Auga.
Hoxe publica o xornal La Region unha entrevista que me fixeron fai días.
En breve irei a unha reunión da Comisión de Medio Ambiente cun colectivo que defende "La Dehesa" como espacio a defender ,que afecta a comarcas de portugal,Andalucía,Extremadura,Castela .
Logo teremos a habitual reunión do Grupo Socialista do Senado.

sábado, 11 de octubre de 2008

DIA GRANDE EN FRANCELOS


Hoxe o pobo no que tiven a sorte de nacer viveu o seu día grande.O Conselleiro de Medio Ambiente do Goberno de Galicia e o Alcalde de Ribadavia asinaron o Convenio polo que a Xunta financia a compra do terreo público (que fora Campo de Fútbol Municipal) para campo da festa e parque público. Con elo devólveselle ós 900 veciños(agora que se fala da Memoria) algo que lle foi quitado noutros tempos e que se nos atragantara na nosa memoria ós que nacemos en Francelos.O "Campo" era un símbolo, un sono perseguido por todos...E alí estiveron todos,de tódalas cores e ideas.Francelos tén un terreo común no que somos capaces de convivir e ata axudarnos ,en respeto ,os de ideas diferentes.A hora e o día fixo que só algo menos de duascentas persoas poideran asistir á invitación feita (polos carteis nas portas de costume).
Tanto o Conselleiro coma o Alcalde ,e a totalidade dos asistentes despois,fixeronme un recoñecemento que agradezo.
O 11 de Octubro será un día importante na nosa Memoria.

REUNION DIRECTIVA PLATAFORMA SI

A Directiva da Asociación Plataforma SI ó Parque Ambiental aproveitou a presencia do Conselleiro de Medio Ambiente en Ribadavia, para ter unha reunión con él. Nesa reunión intercambiouse información e opinións sobre a xestión deste Proxecto da Xunta. Os membros da Xunta Directiva pediron diversas aclaracions sobre a tramitación da declaración de Supramunicipalidade que acordou a Xunta en setembro pasado,o Plan Sectorial e a súa exposición pública,sobre os plazos para a compra de terreos e demáis trámites de xestión do proxecto e outros aspectos de interés.Asimesmo pediuse información sobre as empresas que tiñan solicitado a súa instalación ou que demostrarán interés,solicitando a axilización do proxecto para que poidan instalarse canto antes.

martes, 7 de octubre de 2008

GALICIA:DEBATE ESTADO AUTONOMÍA


Hoxe asistín ó debate de Política Xeral do Parlamento de Galicia.
Emilio Pérez Touriño fixo un balance dos tres anos de lexislatura que coloca á nosa terra na mellor etapa da nosa historia.
Pero tamén falou do futuro de Galicia, dos retos que se nos presentan.
E falou de presente, do momento difícil que nos toca vivir .
Falou de desafíos,e riscos.Falou de oportunidades e ilusions.
Falou de medidas concretas para persoas concretas,como a das axudas para contratar traballadores en paro con esa axuda de 10.000 €.
Falou do esforzo dos gobernos de Galicia e España para que Galicia se poña á cabeza dos territorios mellor comunicados de Europa.
Pola contra, a intervención de Nuñez Feijoo delatou de novo a súa altanería e prepotencia,o seu cariz chulesco.Demostrou ser o político "pijo"por autonomasia. Lexos da xente, dos problemas dos más desfavorecidos, por máis que fixera poses en plan "aquí viene el nuevo rico a hacer caridad con los pobres del barrio el domingo por la mañana". A dereita non tén líder.Nuñez Feijoo é un apaño.Naceu dunha apurada.Non nacen líderes da improvisación.Cheira a provisional.Pero en fin, eso é o problema da dereita.

miércoles, 1 de octubre de 2008

SENADO:Pleno e Comisión Fomento

Hoxe rematamos o Pleno.
Pola tarde tivemos unha longa Sesión da Comisión de Fomento integramente adicada a resposta de preguntas da oposición.Asisten os Secretarios de Estado Victor Morlán e Josefina Cruz.Para que logo digan que o Goberno non comparece e se somete ó control.
Entre as preguntas hai unha de Ourense, que formula o senador pola Comunidade Autónoma Pérez Bouza (BNG) na que pregunta si se vai modificar a entrada da Autovía a Lugo polo impacto que causa .A Secretaria de Estado de Infraestructuras explica que se está pronto a rematar o Proxecto Constructivo. Dixo que o Estudo Informativo se aprobara tendo en conta as alegacions e propostas no ano 2006. Afirmou que van a ESTUDAR a cuestión da entrada en Ourense tendo en conta 3 aspectos:
-o menor impacto social e medioambiental
-a necesidade de conectar esta Autovía co Variante Norte da cidade (comunica esta zona coa Autovía Rías Baixas)
-a necesidade de conectar esta Autovía de Lugo coa Autovia Ourense a Valdeorras e Ponferrada (A 76)
E todo elo dialogando co Concello de Ourense e outros concellos e Xunta
Evidentemente a gran cantidade de Infraestructuras que está a construir o Goberno do PSOE (Autovia a Lugo, Autovía a Ponferrada-Valdeorras,Variante Norte,Autovía gratuita a Santiago/ Tren de Alta Velocidade a Santiago,Alta Velocidade a Madrid,en proxecto xa Alta Velocidade a Vigo,Alta Velocidade a Lugo,Alta Velocidade Ponferrada-Valdeorras a Monforte xa en estudo), fan que agora o problema é que hai que coordenar a entrada na provincia e Cidade de tantas obras.¡Bendito problema!
Pareceume grave que alguns que esixen que se acelere chegada das obras a Galicia e Ourense, insinúen que é mellor retrasar esta Autovía.Así o dixo o senador do BNG e parece que o PP difundía unha nota esta tarde nese sentido.Para qué retrasar varios anos esta obra?¿Para escapar do problema,para retrasala,ou hai outras razons?