viernes, 7 de enero de 2011

RECORD DE PARO ,MARIÑEIROS SECUESTRADOS;GALICIA INUNDADA....FEIXOO NO BRAZIL




Feijoo I, el Cínico, desfruta estes días do clima brasileiro. No Ribeiro estamos inundados e ninguén da Xunta veu a visitarnos nen a preguntar.Por suposto ningún plan. ..Mentras Galicia marca o máximo crecemento de parados, o noso presidente que boicoteu a conferencia de Presidentes no senado para acordar un plan conxunto de tódolas autonomías para favorecer o emprego, despois de meses de plató en plató, foisenos ás belas praias do nordeste brasileiro...O que esixía que a vice do goberno se viñera dunha viaxe oficial para dirixir a liberación dos mariñeiros do Alakrana que acabou en éxito, agora mentras outros mariñeiros sofren secuestro ,Feijoo non anula o seu.
Para tapar o fedor, Roberto Alcazar, acudiu hoxe o parlamento para entregar un compromiso de etica que nuns días será obligatorio por Lei. Así a modificación da Lei Electoral que xa pasou o congreso aprobará dentro de dez días no senado, que en período electoral non se poden facer actos a través das institucions que supoñan ventaxa partidista. Tamén prohibe outras moitas cousas.Entre las fai casi imposible as Mocions de Censura con TRANSFUGAS. ¿Por qué non meterían no seu compromiso ético o de non levar nas listas tránsfugas,o de non beneficiálos, o de non favorecélos nas axudas e subvencions da Xunta e deputacions...?

No hay comentarios:

Publicar un comentario