jueves, 20 de enero de 2011

CONTRADICIONS AS DO AMIGO DE RUBIN




Hoxe na habitual columna anónima, e delegado de La Voz,amigo do delegado da Xunta, fai unha crítica sobre as contradicions que vé entre a miña postura de defensa dun polígono de reciclaxe no Ribeiro e a contraria contra a Incineradora do lixo do sur de Galicia que promove o PP.
Eu sigo defendendo o parque de industrias ambientais, como un sector de futuro da economía galega que debemos desenrolar na nosa terra. Porque é conveniente para o medio ambiente que tódolos productos que deixan de ter uso ,se recupere os compoñentes para producir novos productos para o consumo.E porque esto xenera unha actividade económica, que crea emprego e riqueza, e si eso sucede na miña comarca estaría orgulloso.E todo eso o saben os expertos en medio ambiente, as persoas que saben da innovación,os da universidade,os empresarios (a Cámara de ourense organizou unhas xornadas hai uns días para descobrirlle ós emprendedores da provincia as oportunidades que se abren neste sector). Ata o saben os veciños da comarca que foron ver o parque de reciclaxe de Zaragoza,e o saben os veciños que asisten ás nosas charlas ,que é unha actividade tan limpa e máis ca de calquer actividade de calquer industria.
......
Outra cousa diferente é o proxecto dos que queren instalar aquí unha Incineradora para queimar todo o lixo que se produce no Sur de Galicia (nesas grandes areas urbanas onde si teñen o traballo e a industria), cunha Macroplanta para almacenar,con Vertedeiro, con emisions.
Querer mezclar cousas diferentes é falsear a realidade.Repetir as mentiras dos que demonizaron a reciclaxe, creando confusions por interes partidistas sen importarlle que fundiran unha vez máis a nosa comarca. E todo para logo crear unha Incineradora.
...
Estes sí que tendes unha CONTRADICIÓN, amigo.

Antes combatistes un proxecto limpo de empresas de reciclaxe cun centro tecnolóxico, que poidera atraer outras moitas actividades relacionadas co medio ambiente (como agora a planta de baterías de coche que Zapatero consegiu en Japón e que a Xunta do PP quere levar para Salvaterra ...cousa que a min me parece ben para os dalí..)., e agora defendedes e calades (ou tí queres axudar a confundir) ante o proxecto de Feijoo dunha Incineradora que almacene e queime todo o lixo,toda a basura sí.Esta vez sí.Agora andan buscando terreos para a empresa,intentando convencer a veciños de aldeas que quedaron desertas porque os xóvenes se foron buscar traballo noutras terras.

Tendes unha contradición os que acusastes falsamente a outros de que iban traer lixo, e os que calades ou promovedes un proxecto para almacenar e queimar 500.000 toneladas de lixo cada ano, durante 50 anos, concedido a una empresa a dedo, nun concurso eólico,sen proxecto,sen ubicación,sen estudos ambientais.E os que agora queredes tapar ó delegado do goberno promotor da incineración.
Os que encheron con carteis as casas, con pancartas, con pintadas nas propiedades de outros,que abuchearon e interompiron actos públicos, mitins,etc...eses tendes unha grave CONTRADICIÓN.
Así que acostumbradevos a vivir con ela. Polo menos durante os próximos 50 anos.
Nós estamos obrigados a lembrarvolo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario