martes, 18 de enero de 2011

ALTA VELOCIDADE


Hoxe o ministro José Blanco informou no Senado, da licitación por 6.000 millons de euros (1 Billon de pesetas) da obra completa (vías,infraestructuras,manteñemento...) do que falta por contratar da liña de Alta Velocidade de Ourense con Madrid e as demáis cidades galegas co resto da A.V. de España e Europa.
Algún cargo do PP sigue contando a historia dos datos de execución das cantidades presupostadas nos diferentes exercicios...fai uns días Celso Delgado daba as cifras de execución do 2o10 con datos de xullo...
Pois xa non vamos discutir si os 87 millons no territorio provincial da liña Ourense-Lubián son poucas ou moitas....Agora QUEDA TODO CONTRATADO, por 6.000 Millons de euros. A maior aposta inversora feita nunca por ningún goberno , faina o goberno PSOE coa provincia de Ourense e con toda Galicia.
Esta é a razón das operacions de despiste do PP. Hai que tapar este fito histórico. Lástima que o despiste do BNG as veces tamén contribúa a xustificar esta intentona do PP e Feijoo de retrasar toda inversión que planifica Zapatero na nosa terra.
Só así se pode entender as manobras de artificio de reclamar actuacións IMPOSIBLES técnicamente (entre outras por razons de rasante), para retardar a obra da estación e a operatividade da Alta Velocidade.¿Cómo se pode pretender que a entrada a estación esté moitos metros máis enterrada que a saída dirección Santiago ?¿qué van pasar o Ave en ascensor dunha punta a outra da estación?¿ou vamos inventar a vía de tren en cascada?...
Lamentable o PP dándolle para atrás as inversions fundamentais para que Ourense gañe o futuro e consiga o que se lle negou por séculos...
Coa mellora do trazado que introduxo o ministro, tamén será posible realizar unha nova Estación na entrada da provincia en A Gudiña que levará o nome Estación Porta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario