martes, 28 de diciembre de 2010

INOCENTADA....DE FEIJ 00


Hoxe foi un día importante para o Ribeiro. Unha nova ponte sobre o río Miño mellora a comunicación entre as duas ribeiras da comarca.Durante décadas foi un impedimento para comunicar ós veciños e empresas.Ata que chegaron os socialistas á Xunta,en toda a comarca non podía cruzar un camión de máis de 10 Tm.Nunha comarca de adegas e outras empresas que precisaba ese tránsito.Os socialistas diseñaron,programaron e executaron unha ponte en Cortegada,outra en Barbantes e esta de Castrelo-Ribadavia.
Hoxe o Feijo cero cero, o mesmo que parou un novo poligono industrial na comarca, o que retrasa a ampliacion do poligono de Ribadavia e a instalación de industrias,o que retrasa estradas como a Beade-Pena Corneira que os socialistas deixamos para adxudicar...ese mesmo veu poñer o traxe que fixeron outros.Veu aparecer como o que fixo esta infraestructura que deixaron os socialistas.Ata cambiou o letreiro para poñer "plan Move".Ningún recoñocemento.Menos mal que un ponte a punto de terminarse cantaría moito para parálo...
Era o 28 de decembro. O Día dos Inocentes.....

1 comentario:

  1. Sempre fan o mesmo.
    Non a rascan e logo xogan a apuntarse o que fai a esquerda.
    Cos medios,que son deles, e facil inventar a realidade que crean.
    Xa fixeron coa Autovia que trouxo Felipe Gonzalez.
    Querran facelo co AVE e outras infraestructuras que fai Zapatero...

    ResponderEliminar