sábado, 31 de julio de 2010

VOLTA A CASA

Regreso a casa.
Deixo Lanzarote con gañas de voltar.
É unha illa diferente a calquer outro lugar.Un modelo de desenrolo turístico sostible.De respeto ós recursos naturais e á paisaxe.Un contraste entre as terras volcánicas de cor negro e as casas todas de branco(color obrigado), na que as vivendas non poden ter máis de duas plantas.No que o alumeado está limitado para evitar a contaminación lumínica.Na que as estradas son estreitas e suficientes para tráfico.Sen grandes aglomeracións,pero con tódolos servicios que os turistas demandan.Ideal para desconectar.
Entendo que Saramago se quedara a vivir ahí.
Pero volver tamén agrada.Ribadavia,Francelos,Quins...serán as próximas miñas illas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario