Tanta insistencia do PP anunciando a Incineradora é insultante.
Quenes fixeron unha campaña de infamia contra un proxecto de empresas de reciclaxe, resulta que agora van instalar o maior almacén de basura e a maior planta Incineradora de España nesta comarca.
Tan pronto chegaron modificaron o Plan de Residuos de Galicia.Quitaron as plantas de compostaxe.Liquidaron as actividades de reciclaxe. E planificaron unha gran planta de almacén e queimado do lixo. Unha planta para producir electricidade con canta máis basura mellor. Unha concesión a unha EMPRESA amiga,que terá o negocio por 50 anos...miles de millons de euros de negocio.Sí.
Xa buscan os terreos. De noite andan por ahí. intentando persuadir a veciños para que acepten a instalación.Algo que xa non se fai en ningún lugar.Que en moitas Comunidades está prohibido.
Alguén vai gañar moita pasta.
Rogelio fai o traballo sucio.
E hoxe Baltar pide tamén participar no xogo.Baltar apoia a incineradora e non se pon colorado.O fillo obedece.
Todos queren un cacho no tinglado.
Pero o Ribeiro dirá NON á Incineradora e Planta de basura que agora sí vai facer a Xunta do PP.
Porque con reciclaxe non caben Incineradoras.Non teñen sentido.
Por eso os que planificaban facer negocio producindo electricidade queimando o lixo de Galicia ,non querían que houbera reciclaxe. Porque as industrias de reciclaxe eliminan o combustible da Incineradora.
E crean riqueza,dan traballo,son limpas,e fan que se reutilizan os materiais dos productos que deixamos de utilizar.
O Delegado da Xunta e de Feijoo na provincia volve a facer de provocador e chulo
ResponderEliminarMenudo morro ten
Pero Baltar non e mellor
tampouco engañarse co rollo ese de que Rogelio es malo,Baltar menos malo
Os dous son igualitos,queren o mesmo,e estan dispostos a todo para que o negocio da Incineradora se faga
seguro que reparten ben