domingo, 1 de agosto de 2010

REGRESO: NON A INCINERADORA DE ROGELIO E BALTAR

De regreso compre manifestarse contra os plans do PP,de Feijoo,e dos seus axentes Baltar e Rogelio, de construir unha Incineradora entre Vigo e Ourense (o sea no Ribeiro).
Mentiron antes.
Minten agora.
Cando se trata de grandes negocios sempre minten.
Con esta operación poden retirarse.
Acabaron cun proxecto para ubicar aquí moitas empresas de reciclaxe,absolutamente limpas,tecnoloxicamente avanzadas,con 800 postos de traballo,que faría desta comarca vangarda no desenrolo económico.
Cambiannolas por un almacén da basura e unha planta para queimar todo o lixo do sur, e pode que despois de toda Galicia.Sen poñerse colorados.
Onde están os alcaldes do PP ,tan activos para dar subvencions,para montar manifestacions,para poñer pancartas? Onde esta a tele do PP (antes tele arnoia) e os seus parlanchins insultantes e inxuriantes? Onde están os señoritos fachiñas ecologetas de findeseman,onde están os preocupados adegueiros militantes peperos ? Onde están os prolificos articulistas de mentiras e blogueros? Onde os estudosos que tantos estudos científicos dominaban?
Parece que desapareceron polas cañerías do PP.
O negocio da para moito.
Pero aquí queda xente decente .
Despois de case 6 meses que a Xunta modificou o Plan de Residuos de Galicia para poñer a Incineradora.


1 comentario: