viernes, 16 de julio de 2010

MAIS NOVEDADES MOSTRA

Agora co PP no goberno da Xunta , os do NON xa non viñeron a inauguración da Mostra coas camisolas,as pancartas e a berrar e estropear este acto. Tampouco viñeran a inauguración da Feira do Viño.
Agora que a Xunta anuncia unha Incineradora e que sí van vir todolos lixos de Galicia a estas terras.Agora que Feijoo vai queimar todas as bolsas co lixo aquí. Agora que fixo un plan no que non hai compostaxe nas comarcas,nin haberá industrias de reciclaxe. Non. A Xunta tén previsto traer as bolsas dos contenedores e o resto que se tire para un lugar que Rogelio e os portavoces e alcaldes do PP da comarca andan buscando e que analizaron hai unhas semans en reunión.E nese lugar vai haber a maior Incineradora.Neso Feijoo quere ser máis que ninguén. Fará a Incineradora nunca construida en países desenvolvidos. Será para beneficio de empresarios amigos.Cun negociete de máis de 40.000 millons das antigas pesetas.Para moitos,moitos anos.Sen nengunha precaución.
E agora aqueles SÚBITOS ecoloxistas de temporada desapareceron. Desapareceron os seus principios.Quedou acreditado a que andaban. A buscar votos para o PP. Queda a tranquilidade que os resultados foron os mellores,nesta terra creceu en deputados e votos os progresistas.Enganar xa non enganan a ninguén...só a algún incauto.
Polo menos nestes días de teatro, a algúns caille a CARETA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario