jueves, 22 de julio de 2010

INCINERADORA NON

Tanta insistencia do PP anunciando a Incineradora é insultante.
Quenes fixeron unha campaña de infamia contra un proxecto de empresas de reciclaxe, resulta que agora van instalar o maior almacén de basura e a maior planta Incineradora de España nesta comarca.
Tan pronto chegaron modificaron o Plan de Residuos de Galicia.Quitaron as plantas de compostaxe.Liquidaron as actividades de reciclaxe. E planificaron unha gran planta de almacén e queimado do lixo. Unha planta para producir electricidade con canta máis basura mellor. Unha concesión a unha EMPRESA amiga,que terá o negocio por 50 anos...miles de millons de euros de negocio.Sí.
Xa buscan os terreos. De noite andan por ahí. intentando persuadir a veciños para que acepten a instalación.Algo que xa non se fai en ningún lugar.Que en moitas Comunidades está prohibido.
Alguén vai gañar moita pasta.
Feijoo fixo da Incineradora unha das principales accions de Goberno.
Rogelio fai o traballo sucio.
E hoxe Baltar pide tamén participar no xogo.Baltar apoia a incineradora e non se pon colorado.O fillo obedece.
Todos queren un cacho no tinglado.
Os alcaldes do PP da comarca andan algo escondidos. Os do Non seica perderon a fala.
Outros tontos útiles que tanto berraban, agora calan cobardemente.
Pero o Ribeiro dirá NON á Incineradora e Planta de basura que agora sí vai facer a Xunta do PP.
E o parque empresarial de reciclaxe será realidade.
Porque con reciclaxe non caben Incineradoras.Non teñen sentido.
Por eso os que planificaban facer negocio producindo electricidade queimando o lixo de Galicia ,non querían que houbera reciclaxe. Porque as industrias de reciclaxe eliminan o combustible da Incineradora.
E crean riqueza,dan traballo,son limpas,e fan que se reutilizan os materiais dos productos que deixamos de utilizar.

1 comentario:

  1. O Delegado da Xunta e de Feijoo na provincia volve a facer de provocador e chulo
    Menudo morro ten
    Pero Baltar non e mellor
    tampouco engañarse co rollo ese de que Rogelio es malo,Baltar menos malo
    Os dous son igualitos,queren o mesmo,e estan dispostos a todo para que o negocio da Incineradora se faga
    seguro que reparten ben

    ResponderEliminar