viernes, 26 de junio de 2009

PP-BNG RETRATO DO SECTARISMO



Hoxe dáse a coñecer que a Xunta do PP vai dar a xestión do Leader na comarca ó pacto PP-BNG que excluíu ós concellos e asociacions socialistas e independentes. Lémbrase que na asamblea de Laias para constituir este grupo non se deixou participar (nin xiquera entrar) ,en virtude do pacto Rogelio-Xurxo, a eses colectivos.

Posteriormente o goberno anterior da Xunta fixo mediacions para integrar os dous grupos promotores.O PP-BNG foi demorando ese acordo.Unha vez celebradas as eleccions Rogelio (como se sabe gran experto en xestión de fondos leader) decide darlle a xestión ó grupo promotor que representa o 52%,excluindo o outros grupo que representa o 48%. Esta operación descubre perfectamente o verdadeiro rostro de algúns.

O BNG (Xurxo-para algo elexiu na mancomunidade a un do PP) alíase co brillante xestor de fondos Leader, Rogelio,(a través do seu criado Paco de Leiro) para repartirse o diñeiro dos fondos leader.

O que se espera supoño que é algo como o que tén pasado no anterior Leader en Arnoia: subvencións a empresas propias,subvencions ós familiares,inversions que non se xustifican,talleres que non funcionan,cursos de formación para os amigos.

Ademáis agora coa colaboración do Xurxo poderán darlle consellos de cómo disimular ou disfrazar esas operacions.

Que non se atrevan nunca máis PP e BNG e darnos leccións de nada...

1 comentario:

  1. Parece MENTIRA que O BNG aínda ande nestas...parece que NON APRENDERON NADA

    ResponderEliminar