miércoles, 24 de junio de 2009

"FEIJOO MANDÓ PARAR"


Onte pola noite o Conselleiro de Medio Ambiente e Obras Públicas (!) non se atreveu a decir que o Parque de Empresas Ambientais era un proxecto pra traer todo o lixo de Galicia,nin que iban vir mosquitos con enfermidades,nin cincocentos camions día,nin as mentiras que os mandados do superdelegado repetiron na telepp.
NON cabía repetir falsidades.Falaban no Parlamento como Goberno de Galicia.
Simplemente dixeron que despois de moito rebuscar,atoparan un papel no que o IGVS(a Consellería de Vivenda) decía que o Proxecto non era económicamente viable.
A estas alturas esperábamos algo máis serio.
Decir que un proxecto por ser exemplar,por ter zonas verdes e zonas de bosque amplas,por ser realizado con gusto estético,etc...decir que por estar ben feito é CARO, pois parécenos de nenos.
Pois claro que unha actuación para dinamizar a economía dunha comarca COSTA CARTOS.Como en Ferrol no sector naval,en Vigo no sector do automóvil,en Valdeorras coa pizarra,na Limia coa pataca,etc...
Agora resulta que a actividade económica programada NON É PERXUDICIAL,o proxecto NON É MALO...O PROBLEMA É QUE O PROXECTO COSTA CARTOS.
Calquer día o PP dirá que descubreu América!
Fíxense se sabíamos que o Proxecto de Parque Ambiental costaba cartos que para eso se fixo un estudo de Viabilidade serio,que concluíu que era viable e positivo.
Houbo un Proxecto de sectorización que definía o Proxecto.
Houbo as programacions para dotálo de abastecemento,saneamento,depuración; suministro de enerxía etc
Houbo as Dotacions Presupostarias necesarias nos exercicios 2007-08-09.
Hai en marcha unha actuación para realizar un ENLACE coa Autovía A-52.
Todo eso costa cartos.
Para eso está o Goberno,para xestionar os nosos cartos.
E un proxecto que trai 30 empresas,800 postos de traballo directo e miles indirectos...neste momento no que as Administraccions dan cartos para empresas e sectores, NON SE PODE DECIR QUE NON SE FAI PORQUE COSTA CARTOS.
Polo menos non o consentiremos facilmente.Queremos os Millons de Euros comprometidos para a Comarca e para este Proxecto.

Finalmente tamén quero valorar O QUE NON DIXERON.
Non dixeron que o Proxecto de Parque de Empresas Ambientais non é boa idea,que non é un proxecto positivo para Ourense e o Ribeiro.

Noticia:
http://www.laregion.es/noticia/95023/Ribeiro/MedioAmbiente/Parqueambiental/Carballeda/
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009062400_16_341516__Portada-de-Ourense-Xunta-confirma-anulacion-parque-ambiental-Carballeda

2 comentarios:

  1. La verdad es que veo poco serio el trato que le dan a un proyecto de esta magnitud.
    Sobre el comentario del PP para ir en contra de un proyecto que es la oportunidad del ribeiro para salir de la pobleza y la soledad tan grande en la que se encuentra ,fue una contestacion sin argumento y falta de una verdadera etica profesional.
    Considero que si estas personas que deben decidir sobre un gran proyecto para el RIbeiro tubieran que comer y vivir de el, lo tomarian como un proyecto personal y no solo como algo partidista para ganar unos pocos votos en las urnas .
    Estoy segura que el Ribeiro piensa con sensatez y apoyara esta causa. Hay que dejar los colores y las siglas a un lado y ver con realidad los beneficios que aportara este parque a toda la comarca, por que estoy segura que este gran proyecto no quedara solo guardado en un cajon y que todo el dinero que se lleva invertido en el, servira como tranpolin para que muchad de las personas que no conocian el proyecto se interesen y voten por el SI AL PARQUE MEDIOAMBIENTAL

    ResponderEliminar
  2. ANIMO.
    O RIBEIRO QUERE AS INDUSTRIAS E OS POSTOS DE TRABALLO COMPROMETIDOS POLA XUNTA.
    OS QUE ENTRARON TEÑEN QUE CUMPLIR O ACORDADO.
    CANDO SE ENTRA NUN SITIO E COAS OBLIGACIONS QUE HAXA

    ResponderEliminar