jueves, 18 de junio de 2009

Comisión de FOMENTO:debate sobre entradas Autovía Ourense

Onte debatimos na Comisión de Fomento unha Mocion do Bng sobre un novo trazado para a autovía de Lugo e a entrada en Ourense,e a da A-76.
Os cambios suporían retrasar esta Autovía (Ourense-Lugo) en moitos anos,para estudar un novo trazado(con todolos pasos de estudo informativos,impacto ambiental,etc)para chegar á conclusión,segundo cree a Direcion Xeral de carreteras,de que ese corredor non é posible e non reune os parámetros esixibles a unha Autovía.
Esto é contradictorio coa petición hai unha semá do mesmo grupo de que se acelere a construcción da obra,que o ministro se comprometeu a estar en obra na totalidade no 2010.
Por outra banda esto suporía suprimir a Circunvalación Norte da cidade,proxima a construir,posto que quedaría sen obxeto (comunicar a Autovía de lugo coa A 52,Rias Baixas,e agora coa Autovía a Santiago.
Tamén explicamos que a chegada da A76 a cidade está na fase de estudo das alegacions e declaracion do impacto.Polo tanto non se pode agardar que esta avance máis,cando aiuda non se decidíu o trazado, e parar unha obra que xa vai iniciarse.Por certo tanto a Autovía Ourense-Lugo como a Ourense-Ponferrada foron iniciativas socialistas,por eso nos fastidia un pouquiño que alguns queiran erixirse en defensores das mesmas.
Sinalamos tamén que as conexions cos Poligonos Industriales están no Plan de Estradas de galicia que aprobou o goberno anterior (socialista-nacionalista),e de competenc o bng debería poñer esto en valor.E os que saben algo desto saber que eso é competencia autonómica.
Os medios contan a crónica. A acta da comisión o debate.(www.senado.es).

No hay comentarios:

Publicar un comentario