viernes, 12 de septiembre de 2008

PUBLICADA RECTIFICACION "Ó MODO DA CASA"

Hoxe a edición de Ourense de La Voz de Galicia publica a RECTIFICACION según ordena a Sentencia do Xulgado nº 2 de Ourense en relación coa publicación dunhas informacions falsas publicadas nunha información do seu delegado en Ourense José Manuel Rubín Carballo publicada o domingo 21 de octubro de 2007, e unha viñeta de Julio Valcarcel publicada o 26 de octubro de 2007, na que poñendo en boca de Rogelio Martínez vicepresidente da Deputación Provincial e presidente da Mancomunidade do Ribeiro e alcalde de Arnoia, informaba de que o meu fillo estaba traballando na deputación de A Coruña. José Manuel Rubín ,insinuandome como autor do traballo de denuncia do partido socialista dos escándalos de enchufismo na deputación de Ourense,viña a decir que eu había actuado con nepotismo para enchufar ó meu fillo, acompañados das descalificacions contra a miña persoa como responsable de organización na provincia e a colaboración co secretario provincial ,Pachi.
Naquela data diríxinme ó diario La Voz para reclamar a rectificación desas informacions falsas, acompañandoa da documentación(certificación da Universidade de Santiago,ficha de becario da Universidade no Master de Administración Local,etc) que demostraba a falsedade das informacions. O meu fillo non traballaba en ningun lugar.Nesa data facía o segundo ano dun Master de Administración Local da Universidade de Santiago, no que entre outras actividades docentes desempeñaba prácticas en diferentes empresas.
Pero La Voz de Galicia non publicou a RECTIFICACIÓN.Só sacou en "cartas al director a petición de rectificación. E uns días despois volveu a poñer unha viñeta repetindo as mesmas falsedades e calumnias.Tampouco volveu a admitir a petición de rectificación.
Por eso non tiven máis remedio que iniciar as accions para que se cumpla a Lei Orgánica 2/1984 que garantiza o dereito a rectificacion. esta rectificación debe ser inmediata, nos tres días seguintes a que se reciba,cunha relevancia semellante (non escondida nin confundida en cartas al director por exemplo),sen comentarios nin apostillas.
Agora o Xulgado nº 2 ordena a RECTIFICACIÓN en Sentencia do 1 de setembro de 2008, notificada o pasado 11 S.
É pois pola CONDENA do Xulgado polo que se publica a citada Rectificación: 3 2 7 DÍAS despois de que se produxo a inxuria.
327 días sen quén, con todo coñecemento publicou unhas acusacions falsas que poñían en dúbida a miña ética, rectificara tal como que ordena a lei no prazo de 3 días.
Agardo que Rogelio Martinez González,vicepresidente da Deputación de Ourense e dirixente do PP, que José Manuel Rubín autor da información e delegado en Ourense de La Voz de Galicia como ordenante da publicación (incluo ó autor do comentario Julio Valcarcel) e persoa que impediu a publicación da Rectificación, sean consecuentes da CONDENA desta Sentencia dos Tribunais de Xustiza.
OUTROS DATOS :
  • O 21 de Octubro de 2007,o día que se publicou a infamia contra mín, La Voz publicaba unha páxina cunha Entrevista ó candidato do PP no concello de Arnoia e Vicepresidente da Deputación Rogelio Martínez,realizada polo delegado J.M.Rubín .
  • Uns días despois (28 de octubro) Arnoia era o único concello no que tiña que celebrarse a repetición das Elección Municipais, por Sentencia dos Tribunais,debido a irregularidades no reconto do Voto Exterior,que tanto escándalo tén ocasionado neste concello. Os do PP non quixeron constituir a Deputación nin a Mancomunidade ata que se celebrara a repetición en Arnoia.
  • J.M. Rubín Carballo e familia teñen importantes relacions e intereses con este Concello e co seu alcalde Rogelio Martínez González, que noutra ocasión poderemos detallar.

7 comentarios:

  1. Razón tés para indignarte.Logo van dando leccions todos os dias no xornal ou nas tertulias,a todos.
    Eso si ese dia daballe unha paxina enterita para entrevistar o fillo do director polos seus exitos, e o escibano dos chistes outro espazo de promoción. E cada pouco promoción do que fai o Gran Hermano de expourense.
    Non pasarán.

    ResponderEliminar
  2. Acaba de cerrar la Bodega más antigua de la comarca: Bodegas FREIJIDO. Nadie dice nada.
    te ruego algun comentario.
    Estamos para otra vendimia y donde vamos llevar las uvas.
    Esos señores que expliquen por que cierran, sin aviso. Y ningun periodico ni radio dice nada de nada.
    Mucho andar en el Foro,poner carteles,ir a las inauguraciones con la camiseta del NON, en lugar de sacar adelante la empresa.

    ResponderEliminar
  3. Agora tamén se lle podera repasar a familia do ROBIN, o mesmo co Roxelio...E co BALTAR,que anima desde fora

    ResponderEliminar
  4. Por si le interesa le informa que el hermanos ( a nombre del hijo) del periodista ese de la Voz es el que constituyo la empresa que montó una Gasolinera entre Ribadavia y Arnoya,y compraron (?)la famosa bodega de Tamames,y montaron restaurante impresionante,con aparcamiento amplio,fica muy grande.

    ResponderEliminar
  5. Hay que saber aguantar las informaciones que sacan de los politicos.Muchas veces son inexactas pero es dificil ir comprobando todo lo que te cuentan.
    La condena dura tenía que ser para el que lo dijo.
    Aunque el periodico debe publicar rectificación.Pero quizas mas rapido.

    ResponderEliminar
  6. Non hai dereito que ninguén minta sobre outras persoas en medios de comunicación.
    Menos mezclar os membros das familias dos persoaxes públicos.

    ResponderEliminar
  7. Non entendo eso de que lle obliguen o periodico a rectificar a informacion e non o condenen a indemnizar polo dano que fan.
    ¿E outro pleito eso?

    ResponderEliminar