martes, 30 de septiembre de 2008

MADRID:Presentación PRESUPOSTOS 2009 (1)

Pola mañá tivemos reunión (esta vez no Congreso) do Grupo Socialista do Congreso e o do Senado con Pedro Solbes que nos explicou as liñas xerais dos Orzamentos do Estado para 2009.

Dende xa están na web do Ministerio.

Xa teremos tempo de valorar.

Pero paréceme destacable que no momento de apretar o cinto se faga o maior esforzo no gasto social (subir as Pensions Mínimas,prestacions desemprego,axudas para vivenda, as axudas a familia, manter a axuda dos famosos 400 euros, axudas da Lei para combater a dependencia das persoas máis necesitadas,etc).

E por outra paréceme destacable que neste momento de crise mundial, o goberno progresista de zapatero manteña a aposta en INVERSIONS, sobre todo nas zonas máis desfavorecidas e secularmente olvidadas,como é o caso de Galicia.

Ourense é territorio privilexiado nestes Orzamentos do Estado,comparado con outras provincias e incluso con máis inversions que algunha comunidade autónoma.

Nos Orzamentos do 2009 do Estado está TODAS as cousas importantes que esperamos e soñamos.Todo aquelo que nunca antes ninguén nin xiquera prantexou.

Está o Tren de Alta Velocidade (TAV) entre Ourense -Zamora-Olmedo) (254 Millons dunha obra de 1.344 M €).

Está o que falta para o TAV Ourense a Santiago (337 Millons ).
Está a dotación para o proxecto Ourense a Vigo-Proxecto Obra.
Está o estudo I. para a Liña de Alta Velocidade Ourense-Lugo e a LAV Ponferrada-Monforte.
E tamén están as AUTOVÍAS:
a Autovía Verín-Portugal-finalización 25 Millons.
A Autovía Ourense -Lugo, que recibe o impulso para 68 km novos(entre eles tramos Chantada-Taboada,Taboada-Naron,San Martiño-Barrela,Naron-Guntín...).
E iniciase a Autovía Ponferrada-Ourense co proxecto de obra dos 150 km.
As carreteras terán importantes actuacions en Melloras.Outras actuacions importantes de seguridade Vial.

2 comentarios:

  1. NO PODRAN DECIR MAS QUE NO SE VA HACER EL AVE A MADRID Y EL AVE A SANTIAGO.
    Y ademas tren alta velocidad Ourense-Lugo
    Alta Velocidad Ponferrada-Monforte
    Autovía Ourense a Valdeorras y Ponferrada
    Autovía Ourense a Lugo
    AVE Ourense a Vigo
    ahora diran lo del retraso etc

    ResponderEliminar
  2. boa información,gracias pola inmediatez da noticia para os de ourense.
    Aqui enteramonos antes cos da prensa

    ResponderEliminar