lunes, 15 de septiembre de 2008

DENDE O SENADO (Comisión de Fomento+Pleno)





Hoxe estiven no Senado,participando na Comisión de Fomento.


Aprobamos por unanimidade un texto que consensuamos eu e o propoñente Pérez Bouza (Bng) sobre unha proposta súa referida a construcción dun paso soterrado no pobo de A Lama-Irixo.A elo engadiuse que segundo o proxecto constructivo nese pobo haberá tres pasos:un paso elevado para vehículos,un soterrado para peatons que sustitue o antigo camiño que existía, e un paso para fauna fronte Estación...Foi laboriosa a negociación,pero o consenso permitíu que fora aprobada por unanimidade e que tivera o noso apoio (o partido do goberno).


Días antes eu estiven no Irixo, co noso portavoz e varios veciños coñecendo o problema.


Non tivo a mesma sorte o consenso que intentei co PP sobre a construcción do túnel no Horreo en Santiago.O PP obstinouse en pedir que a obra se remate antes do 2010(ano Santo), cando está empezada e tén unha programación adecuada.Nós ofrecemos que no ano 2010 quede en funcionamento a superficie e só se traballe no túnel (baixo terra).É imposible acelerar máis.O PP tén mala conciencia por non haber abordado esta cuestión mentras estivo no Goberno.Agora vén intento apuntarse á baza dos prazos. (O meesmo que co AVE que o PP non trouxo a Galicia).Eles pretendían facer unha vía rápida polo centro de Santiago que cortaría a cidade.Nós facemos un túnel que permite a circulación baixo terra e vai facer posible unha urbanización e humanización no estilo no urbanismo de calidade que caracteriza ó concello de santiago e os alcaldes socialistas.


Bueno mañá teremos reunión conxunta dos grupos socialistas do congreso e senado, aquí no Senado...Está prevista a presencia da Vicepresidenta do Goberno (Mª Teresa Fdez de la Vega)e a nova Secretaria Federal de Organización (Leire Pajín ) co portavoz do Congreso (Alonso) e Senado (C.Silva),Secretario Grupo (Jáuregui),etc


Logo Pleno o martes e o mercores.Entre as incorporacions estará a da senadora Mar Moreno, elexida responsable da Politica Institucional e Autonómica do PSOE no pasado Congreso Federal.
http://www.psoe.es/ambito/saladeprensa/news/index.do?id=205388&action=View


"Seguiremos informando"

1 comentario:

  1. Graciñas pola túa visita ó concello para ver no terreo o problema. Foi importante que os do goberno apoiaras unha solución os problemas do Irixo. E ademais sen ir facer propaganda,nin venderlle ningunha moto os veciños.

    ResponderEliminar