miércoles, 10 de septiembre de 2008

O PP ABRE UNHA GARDERÍA DA MANCOMUNIDADE SEN AUTORIZACION ORGANISMOS

A Mancomunidade abre en Ribadavia un novo tipo de escola infantil:
A ROGEESCOLA
O Presidente da Mancomunidade de agora seis concellos (probablemente catro en pouco tempo) e alcalde de Arnoia Rogelio Martinez,despois de perder o local que ilegalmente pretendía,nun pulso sen sentido, pensando que estaba noutras épocas, intentou o triple salto mortal: abrir o servicio de escola infantil nun local que NON reune as condicions, sen autorización de Educación, sen auutorizacion de Sanidade e demáis organismos que supervisan este tipo de actividades. Sen pedir xiquera permiso municipal, sen proxecto, sen licencia...supoño que nin xiquera sen acordos dos órganos da Mancomunidade.
Utilizar os nenos para facer oposición barriobajera nun concello onde ninguén che deu vela, é do pior que se pode facer . Pero este persoaxe xa tén baixado a tódalas pozas.No barro é onde se sinte máis a gosto.
Non me imaxino a número de QUERELAS que me terían presentado se eu fixera algo parecido.!!! (sei as que me presentaron-máis de trinta- sen base algunha).
Claro que os que nos últimos meses pactan con él (Programa Leader-asociacion Grupo Desenrolo Rural-; representante Mancomunidade;etc)...agora calarán.
O PP é o partido da alegalidade, do vai facendo que cho autorizo eu de palabra, do vai facendo que eu non cho vou parar...Esta falta de respeto á lei é a súa norma de conducta. A lei é algo para aplicar ós adversarios...así todos saberán que mellor é que nos voten a nós para non ter problemas....Ese razonamento está interiorizado ,especialmente nos pobos máis pequenos,onde o medo é casi o argumento que lle quedan a algúns.Así a Lei ,igual para todos, é algo que hai que demonizar.Convirten en malos ós que aplican a lei.Eles son tan bós que ós que son "amigos" non lla aplican.Pero ós adversarios aplícasellle ata as últimas consecuencias, buscando os recovecos para usar a lei de xeito partidista e perverso.Sando os recovecos incluso para facer oposición.Con toda a cara de quén cada día insulta as normas legais máis básicas.Xogan cunha ventaxa.Os seus rivales (a esquerda) non fai uso partidaria dos xulgados e das Leis.
Por esto é importante que cada vez que infrinxan a Lei o peso da Xustiza caia sobre eles.


6 comentarios:

  1. ai ai fidalguiño , si vos inda sodes peores que os do PP que vos creedes as vosas propias mentiras , que tristeza meu neniño.Hai que estudar mais home , que vendo debates pola tele e telediarios pouco se aprende.
    Ala un biquiño intelectual .

    ResponderEliminar
  2. Felicidades.
    Hoxe o "Quen cho dixo" de La region adícache un espazo.
    E unha boa difusion e demostra que son tipos enterados.
    Ademais eso debe doerlle un pouquiño os rancios (os do PP e os outros do NON-tamen do PP).
    Boa idea o de publicarlle os comentarios, inda que sean do estilo "Tele Arnoia"...Así ainda lle fastidia mais e dice ben quen son

    ResponderEliminar
  3. Esta ben o nome que lle aplicas: Hai Escolas Infantis,outras son Garderías Infantis...Alguns inventaron eso de Galescolas...Agora nace a Rogescola.

    ResponderEliminar
  4. Resulta que en ESPAÑA todos tienen que cumplir la Lei menos los alcaldes del PP.
    A los vecinos le exigen mil papeles para abrir cualquier negocio menor, y quien que a ellos les permitan abrir un colegio para educar a los niños más pequeños sin reunir las condiciones que marca las leyes.
    ¿Qué pasaría si hay un accidente, un incendio...? Sin puerta emergencia, sin extintores, sin patio interior,...
    ¿Qué pasa si hay alguna enfermedad en los niños por no reunir las condiciones adecuadas en agua, baños...?
    ¿Que pasa si hay un accidente porque la instalacion electrica no es la adecuada?
    Fastidiamos al alcalde por haberlo permitido.
    Que hagan politica sin utilizar a los niños y a los padres...como hizo ayer el de Leiro mandandole los padres al alcalde
    A quien se los tiene que mandar es al incompetente del presidente de la Mancomunidad

    ResponderEliminar
  5. Por cierto, acaba de CERRAR la bodega más antigua del Ribeiro, en visperas de vendimia y nadie dice nada.
    Te agradecería algun comentario por el cierre de Bodegas Freijido.
    Mucho andar en el Foro do Non, y las empresas abandonadas.
    Gracias si lo publicas.

    ResponderEliminar
  6. De todas formas os do concello deben facer algo para mediar cos alumnos e pais para arreglar problema.

    ResponderEliminar