jueves, 28 de agosto de 2008

A ISTORIA- nova era 20ª vez



O ambente da Vila dí que chega a ISTORIA. Por 20 ª vez na era moderna vén a Festa da Istoria.
Cando no 87 encargamos o proxecto do que foi a "primeira escola taller na provincia de Ourense",pensamos en levar a cabo iniciativas que romperan o conformismo deste pobo.Promover o turismo,recuperar o casco histórico eran liñas de traballo.No concello fíxose moito máis: centrar as intervencions públicas no Casco Histórico (ata entón despreciado),crear a Oficiña de I. Turística,a Rede de Xudarías,ubicar edificios públicos no casco e comprar edificios,contratar o Plan Especial que logo traería plans de recuperacion,peatonalizar o casco...
Pero aínda lembro as bulras que cando promovemos algo novo :"unha escola taller? que é eso?unha escola?unha fábrica?".Pero alguns creimos nas ideas novas, fíxemoslle caso a persoas que ninguén lembrou como Alfonso Moreno Mora o director da E.Taller,Fco Fariña o director do Museu,J.M. Lezcano (Pirucho para os amigos) director do Inem que concedeu o proxecto....Co goberno municipal foron as catro patas dese banco....Hai que recoñocer moitos colaboradores e animadores (Jose Ramón), a fe dos alumnos da escola taller, das alumnas dos diferentes cursos tamén do Inem para facer traxes etc.
No 89 (coa crise dunha mocion de censura polo medio) foi a primeira.Cada ano seguinte foi máis fácil.Foron moitos os que tivemos a máxima responsabilidade.Logo creouse a Fundación como formula de organización ...A xente do pobo foi o auténtico artífice dun miragre onde antes do 87 nada saía ben, nada novo nacía...O principal logro é conseguir que a xente recupere a fé en que con traballo todo é posible,que desbote o fatalismo,que se arrisque a apostar polo novo.

3 comentarios:

  1. progres , con progres coma vos o pp.. jaja

    ResponderEliminar
  2. o PP perdeu para motods anos o diminio en tibadavia, perdeu carballeda, perdeu cortegada,tamen castrelo...e no resto pouco lle quedará.

    ResponderEliminar
  3. Todo é posible si pomos ganas e traballo. Temos que promacionar mais a festa da Istoria, qu faga "historia", temos que promocionar mais o Ribeiro e os seus productos. Gustame que Fidalgo dende este o seu blog promocione a nosa terra .

    ResponderEliminar