.jpg)
O próximo Xoves,o Consello da Xunta vai aprobar ,por iniciativa de Manuel Vázquez (Pachi),a proposta de Convenio entre o Concello de Ribadavia e a Consellería de Medio Ambiente para a adquisición do antigo campo de fútbol municipal para espazo público dos Veciños de Francelos.
Despois de meses de negociación,é un xesto de agradecer (a mellor despedida polos 3 anos que estiven alí) por parte da Consellería que financie a recuperación dun espazo público para ter un Campo da festa adecuado e unha zona de esparcemento e un espazo verde do que carecíamos.
Ademáis tamén recupera un espazo que sempre foi público e que nas corporacions do franquismo fora vendido polo concello a uns particulares.
Síntome satisfeito de colaborar en que esta aspiración de todos atopara resposta.
Agradecemento o Conselleiro.Agradecementos o Alcalde e concellales.Pero...
ResponderEliminarAgradecementos a tí tamén ¿non?