jueves, 21 de agosto de 2008

REGRESANDO...LOITO



Regreso da viaxe familiar deste ano.Connosco viaxou a nosa filla a coñecer outras terras.Dícese que viaxar é o mellor xeito de apreciar máis o noso,de comprobar que é necesario percorrer o mundo para confirmar que a nosa terra e a mellor,que nos nosos pobos é onde mellor se está...Pero tamén é imprescindible ver outra xente,abrirse horizontes.


A chegada atópome de fronte coa dor e a tristura que trai o JK5022.
Empezou cunha alarma do satélite por unha fumeira que se ve dende a T4...¿Un incendio nunha nave,un accidente na estrada....un atentado?Ninguén sabe.Ninguén se imaxina a realidade.
As sireias das ambulancias do Samur,dos Bombeiros,da Garda Civil sinalan unha catástrofe.
A radio vai contando.Confirmase o accidente do avión.Empeza o dramático reconto.Contanse xa máis de vinte,xa son corenta,falase de cen...agora contamos xa 153 mortos entre os ferros e o lume.

Imaxínome o que lles espera ós centos de familias de compatriotas que se van atopar cunha vida sen senso, á que lle faltan facianas,que perde perspectiva. Unha vida coa tristura na ialma,para sempre.

Téñovos no corazón.Nunca olvidarei ese 20 A ,en Barajas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario