lunes, 25 de agosto de 2008

Feira versus Festas-San Xés 2008

Hoxe é Feira en Ribadavia. Mercado e "Pulpo".
Agosto e vacacións son razons suficintes para que sexa un éxito.Todos os que volven a terra nestas datas agardan o día da Feira para o paseio,a charla,algunha compra e tomar o "pulpo" cun tinto do ribeiro.
SAN XÉS
Pero hoxe tamén estamos de Festa en Francelos:San Xés.
Facemos esta festa sen pretensions.Inda que recebimos os visitantes con gabanza,a festa para nós é algo doméstico,para estar cos veciños,unha cousa familiar.
O éxito da festa non é o que cobra a orquestra,nin os días que duran.O éxito é se este ano veu tal ou cual veciño, saber que lle vai ben.O éxito da festa é confirmar que estamos cáseque todos,lembrar os que non están,saber que nos temos uns ós outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario