miércoles, 23 de julio de 2008

As Portas do 11 Congreso Galego

Neste fin de semán celebraremos o 11 Congreso do PSdeG-PSOE en Santiago.Levamos meses traballando nel.Dende a redacción da Ponencia Marco,o seu estudo polos militantes,o debate das emendas nas Asambleas das agrupacions municipais,a elección dos delegados que nos representen....
Nestes días sempre me acordo dun xeito especial das compañeiras-os que corren coa tarefa de montaxe,organización dos hoteis,comidas,administrativo,redacción,e un extenso etcétera.
En fin.Acaba unha etapa.Empezará outra.
Novas propostas, novas ilusions,novas metas...e tamén novas caras.
Pola miña parte,xa son ,creo,que vintecinco anos en activo....En múltiples e diversos cargos públicos que abarcan xa tódalas administraccions ...recentemente como senador pola provincia de Ourense.
Como militante tamén fun elexido para tódolos cargos a nivel galego.Pero permítome lembrar dun xeito especial estes útimos seis anos intensos na organización provincial de Ourense.Foi apasionante (e duro) facer renacer o partido na provincia.De menos a máis.De pouco a moito.Onde non había cáseque nada (apenas unha sede en ruinas e a venda,sen persoal,sen equipos,sen estructura algunha e en lío permanente)os socialistas pa provincia foron capaces de facer renacer agrupación a agrupación,grupo municipal a grupo municipal,a estructura social e sectorial que nos apoia,unha estructura electoral potente.Os socialistas ourensáns teñen o mérito de contar cunha organización ganadora,que goberna trinta concellos (vintetres alcaldes),a punto de conquerir a deputación,co maior crecemento electoral da hestoria,cos mellores resultados en tódalas convocatorias.Pero tamén unha organización cohesionada cunha capacidade de acción moi potente...pero que o mesmo tempo é unha gran familia,miles de amigos que compartimos ideales e ilusions.
Coas novas caras que saian aínda melloraremos máis.

2 comentarios:

  1. OS LEO en
    https://www.blogosferaprogresista.com

    buena idea que los cargos conteis cosas sobre lo que haceis o temas propios

    ResponderEliminar