martes, 15 de julio de 2008

Aprobación Tratado de Lisboa

De novo no Aeroporto...
Hoxe tivemos pleno extraordinario para someter a aprobación o Tratado de Lisboa...A situación creada polo bloqueo do que iba ser a Constitución Europea (ogallá poida sair adiante algunha vez), fixo que Europa fixera unha norma para gobernarse,que permita que as institucions europeas funcionen eficazmente nun mundo no que é necesaria a nosa actuación a nivel mundial.Pero tamén supón aprobar unha Carta de Dereitos da Unión. E supón a mellora da Democracia Europea, unha política Exterior,a mellora da Seguridade,unha politica Enerxética,a Loita contra o Cambio Climático,potenciar o parlamento europeo,garantizar a cercanía ós administrados coa aplicación do principio de subsidiariedade que potencia os poderes locales e autonómicos.Avances na igualdade entre os europeos .Posibilitar a participación dos cidadans con dereitos como o de Iniciativa (un millon de firmas dos 500 millons de cidadans)...
Parece claro que nos interesa apoiar este Tratado.Tamén para evitar o tratado de Niza que frena e supón un retroceso...Inda que só fora por eso(Porque non aprobar o tratado de Lisboa supón que se siga aplicando o retrogrado de Niza)..pensei que todos o íbamos aprobar...Pero equivoqueime. O BNG estivo en CONTRA...Estes que esixen que Europa dé solucions a moitos problemas,sea solidaria connosco,etc...Estes non están polo avance a construcción de Europa...As veces (os árbores non deixan ver o bosque)-as bandeiras non deixan ver ós cidandáns...

No hay comentarios:

Publicar un comentario