sábado, 19 de julio de 2008

MOSTRA DE TEATRO

Hoxe comenzou a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.Un acto sinxelo ó que asistín,suando a gota gorda polo sol que nos daba en toda a cara...A Conselleira de Cultura,Anxela Bugallo,co subdelegado Camilo Ocampo,o alcalde Marcos Blanco, o concelleiro de Cultura,interviron antes do pregón de María Bouzas.
Todalas miradas ,todo o afecto foi para Rubén polo seu traballo nos 25 anos e 24 edicions desta Mostra.
Antes do viño de rigor ,a cofraría do NON veu cos carteis e berros, a dar a súa nota como fan en tódolos actos importantes que hai en Ribadavia.E a súa contribución particular para estropear o mellor que temos no Ribeiro.Algunha vez alguén se fartará.

No hay comentarios:

Publicar un comentario