martes, 22 de julio de 2008

MADRID:Cen días de Goberno/Día de Galicia

Estou na T4.Volvo a Galicia.
Estiven en Madrid...A Casa de Galicia foi o lugar no que quedamos para celebrar o noso Día.Estivo o Presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento,Conselleiros de Economía (tivo unha longa tarde de traballo con Solbes sobre a financiación autonómica),de Presidencia,de Traballo(tamén coa cabeza en que o congreso vaia ben),de Educación...Pero sobre todo Galegos e Amigos de Galicia na capital do Reino.Alfonso Sobrado Palomares garantiza que todo vai ben .Volvín a ver despois de bastante tempo a José Luis Cuerda,que continúa brindando bós traballos para a hestoria do Cinema, sen olvidarse de facer un dos mellores Viños do Ribeiro.
Fixen compatible esta actividade coa presenza e calor(por certo vaia calor) no teatro da Casa de Campo no que José Luis Rodriguez Zapatero deu conta, no noso nome,dos CEN DÍAS do novo Goberno de España.Unha nova etapa que é a máis productiva da hestoria da nosa democracia para ese período de gracia que se acostumbra a dar.Cecáis é productiva pola continuidade do proxecto.E máis méritoria pola situación dificultosa na que se produce.
Por citar un exemplo,nesta etapa licitouse máis obra do Tren de Alta Velocidade a Galicia que nunca.Claro agora é máis fácil porque o goberno precedente fixo o que antes non se fixera.Tomar a decisión de facélo,para empezar-facer o estudo informativo-facer as declaracions de impacto ambiental( o AVE galego adica a terceira parte do presuposto a restaurar e manteñer o medio ambente)-facer as expropiacions-facer os proxectos constructivos-licitar e contratar as obras-executalas e poñelas en servicio....e moito traballo que queda no medio.
E nestes días contrataronse tramos do AVE a Ourense por valor de 225 Millons de euros...
A oposición do PP e BNG siguen decindo que a obra do AVE non se fai...negando o que se ve: o Ave Atlántico e o Ave Ourense Santiago con todolos tramos ou rematados ou en obras...O AVE a Madrid con parte en funcionamento, e o resto ou en Obras ou en Licitación ,e unha menor parte en Proxecto tamén.(Xa todo en obra ,licitado ou proxecto).
Mentras alguns seguen escrebindo páxinas cada día poñendo en dúbida o que con sólo subirse a un avión se vé: que unha extensa raia da Alta Velocidade vai dende Madrid a Ourense-A Santiago etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario