sábado, 9 de febrero de 2008

SECTORIAIS


despois do antroido (coñecín este ano o de Manzaneda,unha rica tradición conservada polos veciños destas terras); despois de outros actos coma o de Taboadela,con presencia masiva dos xóvenes máis activos do concello ;despois de outra variada presencia en emisoras...Retomamos os encontros cos sectores económicos e sociais máis importantes da provincia.

Hoxe estivemos na Limia reunidos con cento cincuenta agricultores,cos representantes das comunidades de regantes...Elena Espinosa contou os avances destes catro anos,e os proxectos de futuro...Unha impresionante acción de implantación do regadío nas parroquias agrarias da Limia:nada menos que 27 Millons de euros (case 5.000 millons de pesetas).Outros andan poñendo bancos e prometendo farolas...

O mesmo tempo cen responsables de Xornada Electoral tiñan unha sesión de Formación sobre a función de interventores e apoderados e temas relacionados .A parte menos coñecida do traballo organizativo dunha campaña.A parte que non contamos,pero que supón horas e horas,esgorzo intenso de miles de axentes electorais socialistas.

Pola noite Cea-acto en Piñor...un acto entrañable de homenaxe os simpatizantes desas terras que tanto teñen avanzado no cambio.Cun alcalde que é modelo xa de xestión para o resto dos alcaldes galegos.Fran Fraga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario