sábado, 9 de febrero de 2008

9 F:CO MUNDO DO VIÑO DA PROVINCIA/COA MULLER

Hoxe tivemos un Encontro coas empresas do mundo do Viño nas 4 Denominacions de Orixe da provincia de Ourense.
As adegas máis importantes,das grandes e das pequenas,colleiteiros representativos, das Denominacions Ribeiro,Valdeorras,Monterrei e Ribeira Sacra...cunha obrigada limitación de invitados.O importante era falar...e sobre todo oir ó sector.Tamén asistiu algun técnico,sindicalista,cargo público...
Escollimos a adega Vilerma(ribeiro do avia) como punto de encontro, coa acollida sempre calurosa de Arsenio e Chon...
Logo desenrolamos o traballo en Laias(ribeiro do miño)...ELENA ESPINOSA deu información detallada sobre as cuestions prantexadas polos asistentes,que seguramente lle será moi útil para o traballo de futuro das adegas,cooperativas e colleiteiros...

A xornada acabará con outro ENCONTRO coa Muller de Ourense,na que mulleres representativas falarán largo e tendido con Elena,Ministra e Candidata..

No hay comentarios:

Publicar un comentario