sábado, 2 de febrero de 2008

DIA HISTORICO-A PROVINCIA CON ZAPATERO


Cando faltan 37 día para o 9 M, Zapatero veu apoiar ós candidatos da provincia de Ourense para as Elecións Xerais...Un acto histórico. Un desafío para a nosa organización. Todo o traballo feito durante semanas anteriores acabou en ÉXITO rotundo,indiscutible.

No Pavillón dos Remedios entraron 6.000 persoas ...sentímolo polos mil que non poideron entrar,despois de apretarnos tódolos espazos posibles para facerlle sitio...

Miles de ourensáns que quixeron decir, AQUÍ ESTAMOS NÓS.

Que berraron e aplaudiron,que o pasaron ben,que disfrutaron como nunca...

Acabouse o caciquismo.

Este Mitín fará historia. Non só polo éxito de apoio e de organización...

O 1 de Febreiro pasará a historia (un foi aprendendo a recoñocer os momentos históricos) por ser o día no que os ourensáns puxeron punto e final a unha historia dunha provincia coa etiqueta de conservadora e sometida.A Provincia de Ourense puxo o punto e final. O 9 M dirao oficialmente.

O Pavillón cheo quixo decir que os resultados están cantados. O 2º deputado do PSdeG-PSOE está conseguido...Pero xa non nos conformamos con eso...Agora queremos máis forza, máis apoio.Queremos gañarlle á dereita.A esta dereita cada vez máis cavernícola,máis radical, máis perigosa para unha sociedade de progreso.

DUNHA VEZ.

1 comentario:

  1. De talante imos sobrados, agora fai falla devolverlle un pouco de caña a esa xentuza.

    ResponderEliminar