domingo, 17 de febrero de 2008

PRE....CAMPAÑA?


Continua a precampaña...ou campaña total?


O martes estivemos cos de ABEIRO...a rehabilitación de adictos ás drogadicions tén moitos valeiros aínda. A gran débeda pendente é o TRABALLO...Grande admiración os profesionais,as familias...pero sobre todo elas e eles.Contan conmigo


O mercores estivemos cos de ASPANAS...menudo labor.Vaia centros modélicos temos en Ourense.Pronto terán novas instalacions.Os diminuidos síquicos gañaronme tamén.


Pola mañá estivemos cos de UPTA. Os autónomos obtiveron de Zapatero o recoñecemento de dereitos que ninguén lle dera.Dereito a baixa por enfermidade ou accidente, poder contratar familiares,xubilacion,etc...Moitos traballadores teñen a condición de autónomos dependentes doutras empresas...Traballadores con menos dereitos acadan plenos dereitos.Unha constante en Zapatero: novos dereitos...


Tamén estivemos coa ONCE.Moito por facer para eliminar bareiras.


O xoves visitamos á Policía.Unhas instalacions moi modernas para unha policía cada vez máis preparada e con máis medios para asegurar as libertades.


O venres o grupo Parlamentario do PSdeG estivo en Ribadavia.Alí desenvolveron a súa reunión de traballo.


pola tarde estivemos con Mendez Romeu nunha Xornada sobre a Cooperación Municipal dos Concellos da Area de Ourense.


Rematamos cun Acto en COLES.


O sábado tivemos unha Xornada sobre as Comunicacións das Comarcas de Celanova e Baixa Limia...Mª Xosé Caride explicou as previsions da Xunta sobre as novas vías da Autovía Rias Baixas con Celanova e Bande ata Portugal.Son 120 MILLONS de EUROS...!!Eso é unha aposta polo desenrolo destas comarcas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario