jueves, 24 de marzo de 2011

UNHA EMPRESA PARA O RIBEIRO?

A parafernalia do PP anunciou que hai unha empresa que vén para o Parque Tecnolóxico de Ourense e que no futuro pode instalarse no Ribeiro, en concreto en Melón.

A forma tan partidista e o momento electoral fai levantar moitas sospeitas (dentro de cinco días estes anuncios estarán prohibidos por Lei).

Pero ante todo teño que decir que sería moi positivo que unha empresa se instalara,troxera traballo para a nosa comarca .E máis si é do sector do medio ambiente como o coche eléctrico.

Os socialistas puxemos en marcha un parque empresarial precisamente de empresas ambientais. Había cerca de 20 empresas interesadas que podían dar traballo a centos de persoas,había o solo urbanisticamente apto,todo ...Pero foi Feijoo e o goberno do PP quén o parou.

O único proxecto sí aprobado é unha INCINERADORA para almacenar e queimar 500.000 toneladas de basura.

Os feitos son eses.

E os precedentes tamén son de coidado:

O PP no concello de Melón leva 3 eleccións municipais anunciando, uns días antes, que se gañan a alcaldía farán o polígono industrial e virían moitas empresas,que empregarían a todos. Resultado despois dos catro anos : cero metros de polígono, cero empresas,cero postos de traballo.

En cada campaña anuncianno, os electores respaldan ó Pp... pasan 4 vanos e nada.O curioso é que volve a resultar o truco.

Unha vez anunciaran que vendían a nave deportiva e alí instalaríase unha empresa de Valencia. Outra vez puxeron o letreiro anunciando o polígono (que aínda loce) .Outra vez firmaron un convenio cun tal Alvariño (en nome de empresarios de Vigo) para realizar o parque e traer empresas do sector do automovil da zona de Vigo.Outra ata se anunciou Ikea...Agora venden esta "MOTO" (nunca mellor dito).

Deseo máis ca ninguén que esta ou calqueira outra empresa veña para a comarca.Calquer cousa que eu poida facer ou axudar o farei .

Ata agora Feijoo,Baltar e o PP pararon o poligono de Carballeda , paralizaron a ampliación do de Ribadavia no que varias empresas esperan ter solo para instalarse. E en Melón nin Xunta nin Deputación nin alcaldía urbanizaron nin un metro de solo industrial nin os servicios necesarios en todos estes anos.

Pero a partir de agora será unha ESIXENCIA.O feito de que Feijoo mandara a un conselleiro seu a anuncialo, faino a él responsable de que se cumpla cada letra dos compromisos anunciados.Cada emprego. Queremos empresas e traballo aquí.

E dende logo non a cambio de cargar coa Incineradora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario