miércoles, 9 de marzo de 2011

INTERVENCIÓN NO PLENO DO SENADO

Hoxe interveño no Pleno do Senado en nome do grupo socialista na moción do senador do bng sobre a xestión da conca Miño-Sil.
Despois de múltiples borradores, temos pechado un acordo (transaccional) sobre o texto definitivo.
Nese acordo recollense tres puntos:
Que no Plan Hidroloxico da Conca se suspendan as concesions de novas explotacións hidroeléctricas que teñan impacto ambiental.
Que se promova unha Comisión mixta Goberno e Xunta para armonizar as normas dos plans hidroloxicos da Conca competencia da Xunta e da Conca Miño-Sil.
Que se estuden maiores competencias do goberno galego na xestión da Conca competencia do estado, no proceso de reforma do Estatuto de Autonomía que debe ter Galicia.Esta é a forma axeitada de modificar o actual marco lexislativo.
O acordo é un encontro das diferentes posicions, no que traballamos curiosamente tres ourensans (Bouza do bng, C.Leyte do pp, e eu polos socialistas).
Unha base para que Galicia non teña retroceso nas politicas ambientais de protección dos nosos ríos que liderou Pachi Vázquez como conselleiro de Medio Ambiente do goberno progresista anterior, que supuxo suspender concesions ,impulso do plan hidroloxico e outras moitas accions.
O goberno de Feijoo é o maior enemigo que teñen neste momento os ríos galegos.
ANÉCDOTA: por ser unha Moción será a primeira ocasión na que poderei utilizar o galego no pleno do Senado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario