jueves, 31 de marzo de 2011

Telemiño: falando do proxecto de empresa de coches eléctricos

Hoxe estiven nun programa de Telemiño. Na tertulia saiu o tema da anunciada fábrica de vehículos eléctricos en Melón.Creo que é bó reiterar a nosa posición.

O PP fixo moi mal querendo sacar un anuncio en clave partidista e de rentabilidade electoral. Fai unha foto de PP coa empresa.Algo moi visto e anticuado como os procedementos de Baltar.

O PP vai a campaña no Ribeiro coa mancha de ANULAR a instalación e un NOVO polígono industrial no Ribeiro (en Carballeda con empresas de reciclaxe e medio ambiente, coma esta) ,de impedir que veñan novas industrias parando a ampliación do Poligono de Ribadavia.De non facer un metro cadrado de solo industrial en dous anos.De levar a mitsubishi e outros proxectos para a costa...e de TRAER unha INCINERADORA para queimar o lixo do sur de Galicia no Ribeiro ou outra comarca próxima.

Por eso Baltar pensou que había que facer algo. (no medio hai un alcalde fiel que non pode ser candidato por inhabilitación).

En Melón levan anunciando 3 campañas municipais seguidas un montón de empresas e un gran parque empresarial : anunciouse que o urbanizarían emoresarios de Pontevedra,anunciouse a instalación de unha importante empresa de Valencia,ata se falou de Ikea...Despois das eleccions ,unha tras outra, novas frustracións.

O que deberían ter feito nestes anos é contratar e facer a urbanización do Parque Empresarial de Melón con Xestur.O goberno anterior da Xunta tramitou o plan especial correspondente.Os terreos nunca serán problema,coñecendo a disponibilidade dos veciños de Quins (dos mellores do mundo).Pero un Parque empresarial ,despois de ter os terreos, hai que facer o proxecto de urbanización, tramitálo cos procedementos ambientais e demáis,licitar,contratar e executar a obra.Falamos de varios anos.E ademáis hai que ter Depuradora e red de saneamento, abastecemento de auga,enerxía,telefonía etc...

Esto é o que o PP da Xunta tiña que ter feito.

Pero con vontade todo pode arranxarse.

Por eso creo que empezaron moi mal. Levan actuando mal moito tempo.

Este asunto tén que ser un asunto de todos, de unión.Sen fotos de precampaña.Sen anuncios enganosos.Sen esaxeracións...non fai falla anunciar mil postos de traballo. Con que veña unha empresa nova para o Ribeiro,con que se faga un novo polígono industrial en Melón, o de Carballeda e se amplíe o de Ribadavia, cheganos.Porque hai empresas agardando para vir (en Carballeda varias, en Ribadavia un par delas,en Melón virán outras), e centos de parados agardando.

Por eso, si queren, poden contar cos socialistas do Ribeiro e do resto de Galicia e España.Para o que faga falla.O que haxa que falar con veciños ou Administraccións. Só pedimos que non fagan partidismo.Que non anden a facer anuncios que manchan a campaña electoral.

E ademáis ESIXIMOS que esta empresa veña para o Ribeiro.Si Feijoo,Baltar,Hernandez,Guerra...nos anuncian que vai vir, collémoslle a palabra.Seguiremos os plazos.E demandaremosllo si de novo nos enganan. Pedimos que se comprometan co seu cargo.

......................

E dende logo INCINERADORA NON.

No hay comentarios:

Publicar un comentario