miércoles, 1 de diciembre de 2010

PP OURENSE :PERSISTE A DIVISIÓN



O PP da provincia de Ourense, co seu liderazgo de herencia,continúa cos episodios de división.
A prepotencia do Nene,presumindo de ir mercando concellais e tránsfugas,paréce que lle están dando nos morros.Cada día vanse concellais do PP.En distintos puntos da provincia moitos cadros que levan décadas traballando para o PP ,agora vanse. Porque este só quere xente obediente á famiglia.
Pola provincia queda claro que hai dous partidos de dereita: a dereita caciquil da familia Baltar, e a neo-ultradereita de Feijoo e os seus delegados na provincia.

Días pasados dimitían o maioría do grupo de Amoeiro.En semáns anteriores tíñanse sucedido outras rupturas.Membros do PP de Xinzo de Limia,unha das principales poboacións da provincia,rompen co PP e promoven unha candidatura independente. Varios concellos da Limia e Verín poden seguir ese camiño.Moitos cadros cabreanse polas visitas pastorales, con fotógrafo,do presidente herdeiro que vai de aldea en aldea sinalando co dedo quén é o seu enviado.Algúns despois de moitos anos xa non están para tragar estes comportamentos.O que lle aguantarían ó pai, non llo permitirán ó fillo...

O fillo, puxo candidato na cidade de Ourense.Contra a vontade dos cadros do PP, dos que curran as eleccións. E debeulle parecer pouco, que agora vai e defunciona ó presidente recentemente elexido.Nóvoa foi dimitido. O dedo sinalou quén vai mandar nos afiliados do PP de Ourense. O herdeiro administra a finca. A mentalidade de dereita parécelle normal que as cousas se fagan así. Moitos entenderán que a democracia sempre hai que conqueríla.Nunca é un regalo...E a unión e cohesión non teñen porque confundirse cos caprichos e a dictadura. Autoridade e Autoritarismo son cousas diferentes.

Os afiliados do PP nesta provincia son os máis necesitados de aires de democracia. E para elo hai unha tarefa importante. Cambiar o goberno na deputación provincial e outros símbolos da rede caciquil medieval da famiglia.
As próximas Eleccions son a mellor ocasión para facer contas e conquistar a DEMOCRACIA na nosa provincia.


1 comentario:

  1. Pior para eles. Os votantes da cidade vanllo decir clariño

    ResponderEliminar