lunes, 30 de agosto de 2010

EMPEZANDO UN NOVO CURSO

Un novo curso asoma.
Un curso decisivo para o futuro de España. O pulso entre as forzas conservadoras e as do progreso son desiguais.Os poderes económicos ,e os medios de comunicación que poseen, non van axudar a que o cambio económico que necesitamos sea a favor da maioría da xente. Os que causaron a crise pola sua avaricia desmedida queren que pague o coste ideolóxico as ideas socialistas para seguir facendo o mesmo.Compre situar a cadaquén no seu lugar .
En canto a Galicia, os enganos a dereita quedan o descuberto en canto tén que gobernar. O que esixía na oposición ó goberno anterior, parece que non é tarefa deste. O goberno da dereita pásase o tempo escapando,escondéndose,rehuíndo responsabilidades. E repartindo o botín, favorecendo os do negociete fácil (a uns unha Incineradora, a outros uns parques eólicos ou unhas minicentrais,a outros obras por importes que doblan o custe, a explotación dos hospitais, das residencias de maiores e outros servicios sociais..)Ali Babá sería un inocente nese goberno.
Por eso é momento de ter as cousas claras. De decílas clarísimo. E de acción. Moita acción para que os cidadáns vexan o que os medios de comunicación dos poderes económicos lle van ocultar ou disfrazar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario