Hoxe só quere desexarvos bó Nadal.
Boas Festas a todos.
Que disfrutedes da compaña dos amigos e persoas queridas.
Un pensamento especial para os que o están pasando mal.
Disculpas por non poder facer máis por eles,por cada ún.
En especial o meu recordo para os que sofren a dureza de estar no paro.
Comprendo esa sensación de pensar que non o valoran,de non ser útil.
Porque ter traballo non só é cobrar, é tamén sentir que aportas algo ó de todos,que vales para algo.
Neste momento de crise mundial,coa economía patas arriba,na que calquer día calquer empresa pode pechar.Na que nada é seguro.
Só penso en retomar cada día o meu compromiso social cos máis débiles. Revolucionando o que haxa que revolucionar,para que non perdan os de sempre.
Si os especuladores, os que adoran o deus diñeiro,os que non teñen escrúpulos nos levaron a esto.
A xente podemos cambiar este sistema económico tan inxusto e descompensado,no que se vai ben uns poucos fórranse e se vai mal pagamos todo e os máis débiles quedan descolgados.
Neste Nadal síntome máis cerca dos parados que de ninguén máis.Prometo defender as políticas sociais con máis compromiso aínda.Sempre.
IGUALMENTE PARA TI E OS TEUS
ResponderEliminarun compañeiro
Cando digo boas festaspara todos
ResponderEliminarQuero decir
dun xeito especial,con todo corazón,para os compañeiros de partido cos que teño compartido 27 anos ,e moi especialmente os últimos 7 anos nas responsabilidades na Provincia nas que moito aprendín e moito cariño e aprecio recebín