viernes, 13 de noviembre de 2009

VOLVE A NOITE DE PEDRA


Pasamos dias celebrando actos pola provincia:O Barco,O Carballiño,Bande,Xinzo de Limia,Verín...
Onte chegamos a Ribadavia. O acto estaba previsto no Centro Comarcal do Ribeiro. É o lugar onde fan as reunions ,de menor audiencia, os colectivos (a casa da cultura para actos de varios centos de persoas).
Alí vai o PP (fai pouco Rogelio Martinez reuniu os representantes do PP cos do Foro Non).Alí vai o Bng,o PSdeg,Unions Agrarias e SLG,XXAA,Mulleres Rurais,Asociacions de todo tipo....
Pero a Xunta decidíu negar o uso do local. Non porque houbera outra actividade . No salón de actos non hai outras actividades ,máis que as que convocan os colectivos da comarca.
Un deputado no Congreso (Alberto) e un Senador(eu mesmo),que representan 90.000 votantes, convocaban os cidadáns para EXPLICARLLE qué fan,cómo defenden os intereses dos que os votaron, e se cadra oir as queixas que queiran dirixirlle.
Pero a Xunta dixo que NON. Que non se deixaba o local para eso . Mellor télo pechado.
Como se fora a súa tenda ou a súa propiedade. Cómo se non fora de todos.
Dase a paradoxa que ese edificio fíxose grazas a un Convenio que xestionei eu como alcalde,de xeito que Correos practicamente financiou as instalacions (logo o que representa ó PP regaloulle as plantas superiores á Xunta...para esto).
Parece que volve a CENSURA. Uns cargos (do Partido Popular) deciden qué Partidos poden utilizar e cales non unhas instalacións PÚBLICAS.
E volve o silenzo,a cobardía. Volve o compadreo dalgún medio que con tal que lle vaia ben ,cala ou reparte bendicións. Calan ante a represión.Cómo si non se estivera falando de cuestions fundamentales,de dereitos básicos.
De novo volve a longa NOITE.
De novo volvemos a loitar por usar a nosa lingua,pola educación,por dereitos básicos.
De novo volvemos a loitar por poder reunirnos libremente,por poder expresarnos libremente.
Somos os mesmos os que loitamos,son as mesmas causas.
Son os mesmos os represores(antes de Franco,agora do PP).
Son os mesmos os cómplices. Os mesmos os cobardes que calan ou miran para outro lado.
A loita acabará igual.
Ganará a LIBERTADE.

1 comentario:

  1. Solo aportar que si hai delito nesa actuacion deberiades denunciar

    ResponderEliminar