lunes, 19 de octubre de 2009

SENADO: FARTURA DE ACTIVIDADE: debate moción concesión hidroeléctrica Santa Cristina

Hoxe tocou madrugón:as 5 da mañá saída da casa a Peinador.
Ben cedo,negociación de diversas mocións que se iban tratar na Comisión de Medio Ambiente,Agricultura e Pesca.Houbo de todo.
Debatimos unha moción do BNG que pedía que se denegase a petición de concesión en Santa Cristina.Reproduciuse o debate da semán pasada no pleno. As peticions de calquera debe tramitarse con arreglo á dereito e dictarse resolución motivada,cumplindo a Directiva UE Marco da auga,a ley,a normativa de evaluación do impacto ambiental,tendo en conta os informes da Xunta e demáis,a planificación hidrolóxica.Polo tanto agora non pode rexeitarse unha solicitude en trámite,que xa foi informada negativamente pola consellería de medio ambiente no trámite previo a Declaración de Impacto Ambiental aínda sen presentar,que se someterá á información pública.Total...para quén non quere entender.Ata para rexeitar algo hai que facélo cando toque e coa lei na mán.
No medio Bouza deixou outra retaíla de manipulación da realidade,proxectando imaxes das obras de San Estebo cando falaba de Santa Cristina.E sacando novas falsedades que tiven que desmentir: no río Miño non se tramita nin se van autorizar NOVAS CENTRALES.
E na Ribeira Sacra tampouco se vai facer ningunha Central Nova.As que hai son dos anos 50 e 60.
Pero mentir é barato.
Ó final só o senador do Bng votou a favor (1),o resto en contra (22),e 2 abstencions solidarias(CiU e Mixto).
Deixo enlace de algunha documentación e procesos de información pública do proceso de confección do novo Plan Hidrolóxico da Conca miño-Sil.

1 comentario:

  1. De novo o BNG creando campañas de plataformas de 3 creando alarmas,...sempre contra os socialistas
    Que pena que non lle dediquen o mesmno afán en combatir o PP
    Ainda non entenderon por que nos mandaron OPOSICION

    ResponderEliminar