domingo, 18 de marzo de 2007

CANDIDATOS

Seguen as presentacions de candidatos. Recentemente presentamos a Carlos en Carballiño,desbordándose tódalas previsions de asistencia,nun acto que fixo historia.
Tamén presentamos a Alfredo en Celanova,cun acto cálido de opción ganadora...
Ver www.ourensesocialista.org
O sábado tamén presentamos a Manolo Gonzalez Carvajal en Castrelo de Miño,un sindicalista,traballador incansable,con moitas ideas e capacidade...e nos próximos días seguiremos presentando candidatos en toda a provincia(alcaldes seguros como Manolo en Coles,Julio en Toén,Antonio en Rubiá...).
Pero permitídeme un especial alento a dous candidatos que presentamos no Ribeiro: o mercores será o de Melón e o domingo o de Cenlle.
Ambolos dous son candidatos novos e renovados, persoas xoves, con iniciativa, con proxectos na cabeza para o seu pobo, implicados ata o fondo cos seus pobos, que os aman como ninguén.Non sei cal será o resultado.Pero calquera deles é o mellor candidato posible para servir ós seus veciños como ALCALDE...Xa os coñeceredes...

3 comentarios:

  1. Noraboa polo candidato en Arnoia...ahí si que nos fai falta un cambio profundo.Despois de 30 anos xa estamos fartos de ROGELIO.Tanta prepotencia,tanto negociete,tanta lexania da xente á que mira por riba.Ata os curas o teñen de ollo.Só faltaba ALTERNATIVA.Agora penso que xa hai.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar