domingo, 4 de marzo de 2007

¿QUO VADIS PP?

Hai feitos que se suceden que non parecen sair precisamente da intelixencia...O último vén sendo unha especie de "kale borroca-falangista" ,que se adica a tirar cóctoles motolov e facer pintadas nas sedes socialistas...(igualico que en algúns pobos do país vasco).
Algunhas manis parecen dirixidas por ese sector ultradereitista que vive no pp ...e vendo as pancartas, os berros, as actitudes,todos deberíamos estar preocupados.
Creo que os dirixentes responsables dese partido deberían empezar a ocuparse..Así nunca van gañar.Para gañar unhas eleccions hai que dar sensación de partido de goberno..e o PP de agora non a da.
¿Rajoy quén dirixe toda esta movida ouestá secuestrado pola ultradereita do seu partido+medios ultras?
En toda caso con este posicionamento Rajoy se xoga todo a unha carta,e creo que está en jaque mate...Alguns o convencerían que pra ser Presidente tén que por en marcha esta guerra sucia,que lembra a do 96 .
Pode que manteña unha porcentaxe do apoio máis ultra ,cecáis útil para as eleccions en Madrid,pero tén perdido e sen credibilidade para recuperar o voto do centro e o voto das comunidades "periféricas".
Cheirame que alguns xa andan a buscar o sustituto de Rajoy.
Pero o que a mín me preocupa non é que o PP perda as próximas eleccions xerais e autonómicas.O que me preocupa é o dano que deixe esta estratexia tola. A democracia é un equilibrio máis feble do que se pense. Coma sempre seremos nós os que teñamos que defender a democracia.
Teño a esperanza de que no Pp haxa alguén que axude.

1 comentario:

  1. No 1996 deu resultado.Medios de comunicacion importantes decindo o mesmo poden terminar facendo efecto na opinion publica.Resulta curioso:en 1996 tamen era co tema terrorismo,inda que por razons contrarias.Antes eran por ser enemigos deles, agora porque din somos defensores.
    No fondo só é a incapacidade para estar fora do PODER, e sobre todo de saber PERDER.Nin en Madrid, nin Galicia asimilaron a sua derrota.

    ResponderEliminar