miércoles, 4 de abril de 2012

VALORACION PRESUPOSTOS 2012

Hoxe farei a valoración dos Presupostos Xerais 2012, os primeiros de Rajoy presidente.

O PP dixo unha cousa nestes anos, traballou en contra dos intereses xerais, e agora fai o contrario...xusto todo o contrario...

Non iba favorecer o despido, e coa reforma suprime tódolos dereitos conquistados en moitos anos e convirte ós traballadores en servos dos empresarios,donos e señores de vidas e facendas.

Non iba sobir impostos, e fíxo unha suba no IRPF que fai que os que teñen a renda transparente(nóminas) paguen máis,mentras fai unha amnistía para os defraudadores.

Iba respetar as pensións e iste ano cobrarán menos que o anterior, e as mínimas que tanto subiron cos socialistas (e máis que o precisan) tamén baixarán.

Baixan becas (agora serán discrecionais),quitan a axuda a emancipación dos xóvenes.

Conxelan os salarios dos traballadores públicos e encima crean a posibilidade de que sean despididos.Recortan as axudas ó rural. Apoian os copagos.Deixan de axudar a investigación e innovación, as enerxías renovables...o que é futuro.E pretenden privatizar as costas, enchélas de cemento e convertilas en acceso restrinxido.

Acaban cos dereitos da muller,cos plans de igualdade nas empresas.Terán que escoller entre ser nais ou traballar.Quitan garderías.

Retrasan e paralizan a aplicación da Lei de atención a dependencia.Moitas familias volverán anos atrás en moitas facetas e dereitos da súa vida.Todo coa disculpa da crise que os seus amigos,especuladores,criaron para ser máis ricos.Vamos a un grave aumento nas desigualdades.

...Aquí na provincia nada vai mellor.

Os proxectos e compromisos anteriores segurán conxelados.Tódolos proxectos parados,aparcados.

A autovía a Lugo (A56) (agora o problema non é por onde entra senon que non avanza), a Autovía a Valdeorras-Ponferrada (A76)(agora o problema non é se vai por Trives ou por abaixo senon que non se fai) ETC.

O único proxecto con dotación na Provincia é os 701 millons para o AVE Galicia-Madrid.Despois de que só queda por facer tramos na nosa provincia tén que ser aquí onde se poñan as partidas.Que son iguais para nós coma as que se puxeron en Pintevedra ou Coruña para a vía a santiago, ou igual para nós que as que se puxeron en Zamora cando se facían os tramos a Zamora,A Puebla de Sanabria ,ou a Lubián.Evidentemente os tramos licitados hainos que ir pagando cando se rematan as obras (pasan varios anos dende que se contratan).

Dos 13.000 millons de euros que pode custar a Alta velocidade entre Madrid e Santiago.Quedan uns 3.000 por pagar, dos que a metade xa están licitados ou contratados, que son os 100 km da nosa provincia.Por certo o PP pedíu que non se licitase a maior adxudicación antes das Eleccions Xerais (mais de 2.000 millons), que sería a colocación da vía e electrificación entre Olmedo e Ourense.E así se fixo. O Ave chegará xa a zamora no 2012, a Puebla de Sanabria final do 2013.

A mala nova é que por primeira vez nun documento do Estado consta o retraso do remate da liña de Alta Velocidade (2016).

Bueno, do que saia nos Medios porei enlace aquí....

No hay comentarios:

Publicar un comentario