lunes, 7 de junio de 2010

INSPECTOR MIRANDA "GADGET"


Cando se está a falar de trama organizada para financiar irregularmente ó PP en Galicia, Feijoo saca o Miranda en plan inspector (por certo despois de admitir que se quedou con pasta pública aínda non demitiu).
Chama a atención a rapidez coa que o PP pode acceder ós rexistros oficiais da Xunta, sen trámite parlamentario,accedendo e difundindo datos particulares,mandando inspeccións ós sindicalistas de Unions Agrarias...
Pola contra nós temos solicitado dende hai 15 meses os expedientes no que se acredita que o Delegado da Xunta en Ourense desviou axudas para as suas empresas que lle permitiu aumentar o patrimonio de forma escándalosa, e para as dos seus familiares, e amigos (incluido os familiares dos delegados mediáticos con voz)... Despois de 15 meses a Xunta non permitiu ver eses expedientes que implica en corrupción ó seu delegado na provincia.Dícese que incluso foron ocultados en diversos almacéns para evitar que o coñeza o Xulgado que intrue o caso no que o Delegado de Feijoo está imputado.
O inspector Miranda (inspector Gadget, o poli máis torpe) tivo acceso ó día seguinte para ver uns papeis que xa antes lle pasara os medios. E todo para decir que unhas asociacións recebiran subvención para dar servicios ós agricultores...Como si fora algo non lóxico.
Aínda hoxe Feijoo non aclarou a TRAMA (esta sí) que un cargo da sua confianza tiña para evadir ó extranxeiro CENTOS DE MILLONS DE EUROS .Unha organización para que as grandes fortunas deixasen de pagar impostos, movesen diñeiro negro, e sabe deus cantas accions delectivas.
Por certo tampouco ningún xuiz nin fiscal da provincia investigou nada na provincia.
En Portugal parece que sí están neso...


3 comentarios:

  1. DACORDO cas liñas finais

    ResponderEliminar
  2. MOI BOA A FOTO
    SIN QUERER SEGURAMENTE O FOTOGRAFO FIXO UN EFECTO FOTOGRAFICO
    O NARIZ DO MIRANDA ESTA ESTIRADO
    COMA UN PINOCHO

    ResponderEliminar
  3. VAIA TROPA...
    PERO OS MEDIOS TEÑEN UNHA BARREIRA PARA QUE AS INFORMACIONS DE CORRUPCION A DEREITA POLITICA E ECONOMICA NON SE COÑEZAN

    ResponderEliminar