Cando se está a falar de trama organizada para financiar irregularmente ó PP en Galicia, Feijoo saca o Miranda en plan inspector (por certo despois de admitir que se quedou con pasta pública aínda non demitiu).
Chama a atención a rapidez coa que o PP pode acceder ós rexistros oficiais da Xunta, sen trámite parlamentario,accedendo e difundindo datos particulares,mandando inspeccións ós sindicalistas de Unions Agrarias...
Pola contra nós temos solicitado dende hai 15 meses os expedientes no que se acredita que o Delegado da Xunta en Ourense desviou axudas para as suas empresas que lle permitiu aumentar o patrimonio de forma escándalosa, e para as dos seus familiares, e amigos (incluido os familiares dos delegados mediáticos con voz)... Despois de 15 meses a Xunta non permitiu ver eses expedientes que implica en corrupción ó seu delegado na provincia.Dícese que incluso foron ocultados en diversos almacéns para evitar que o coñeza o Xulgado que intrue o caso no que o Delegado de Feijoo está imputado.
O inspector Miranda (inspector Gadget, o poli máis torpe) tivo acceso ó día seguinte para ver uns papeis que xa antes lle pasara os medios. E todo para decir que unhas asociacións recebiran subvención para dar servicios ós agricultores...Como si fora algo non lóxico.
Aínda hoxe Feijoo non aclarou a TRAMA (esta sí) que un cargo da sua confianza tiña para evadir ó extranxeiro CENTOS DE MILLONS DE EUROS .Unha organización para que as grandes fortunas deixasen de pagar impostos, movesen diñeiro negro, e sabe deus cantas accions delectivas.
Por certo tampouco ningún xuiz nin fiscal da provincia investigou nada na provincia.
En Portugal parece que sí están neso...
DACORDO cas liñas finais
ResponderEliminarMOI BOA A FOTO
ResponderEliminarSIN QUERER SEGURAMENTE O FOTOGRAFO FIXO UN EFECTO FOTOGRAFICO
O NARIZ DO MIRANDA ESTA ESTIRADO
COMA UN PINOCHO
VAIA TROPA...
ResponderEliminarPERO OS MEDIOS TEÑEN UNHA BARREIRA PARA QUE AS INFORMACIONS DE CORRUPCION A DEREITA POLITICA E ECONOMICA NON SE COÑEZAN