viernes, 5 de febrero de 2010

Senado :Pregunta ó Pleno sobre A 76


No próximo Pleno,que comenza o día 9, terei ocasión de formular Pregunta ó Ministro de Fomento en relación co proxecto da Autovía Ourense-Ponferrada,A-76, que nos comunicará por Autovía tamén a comarca de Valdeorras e Val de Lemos.
Con elo Galicia contará cunha nova entrada por Autovía.Gratuíta.
Acabaráse a comunicación unicamente pola N-120 de trazado problemático.
Será unha oportunidade máis de desenrolo para o interior de Galicia,de Ourense e Lugo.
Unha oportunidade para as Terras de Valdeorras.
E grazas a ista iniciativa do Goberno de Zapatero. Coa garantía de ser ministro José Blanco.
Os socialistas podemos presumir de poñer a estas comarcas na primeira división das comunicacions.
Por eso nos parece mal algunhas visions entorpecedoras como as de pedir cambios de trazado.Posicions demagóxicas.Porque unha Autovía é un corredor que comunica comarcas e rexións, non tén que pasar por cada pobo.Para eso está a planificación dos organismos autonómicos.
No caso das terras de Trives,os socialistas tamén demos resposta a esa demanda planificando unha Vía rápida no Plan de Estradas de Galicia. Agardamos que o novo goberno a execute con urxencia.
A A-76 tén que facerse tamén con tódalas garantías da normativa europea. Coa información pública para que institucions e veciños afectados poidan participar e ser oídos. Cos estudos ambientais previstos, de forma científica e fundamentada. Logo virá o proxecto. A licitación. E máis pronto que tarde empezarán as obras.
Valdeorras ,a provincia de Ourense e o interior de Galicia, terán novas oportunidades.De futuro.Coma sempre, demán dos socialistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario